Concello da Coruña

Concello da Coruña

Taller de Novas formas de distribución dixital

Impartido por Pablo Maqueda (cofundador de #littlesecretfilm)

A quen vai dirixido?:

Este taller está dirixido a profesionais ou amateurs da industria cinematográfica interesados en novos modelos de distribución dixital.

Cando:

30/10/2014

Xa rematou

Inscricións:

Dende o 25/09/2014 ata o 21/10/2014

Horario:

De 10 a 14 horas.

Duración:

4 horas

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora. Rúa Ágora. 15010 A Coruña

Prezo:

Gratuíto con inscrición previa (prazas limitadas).

Requisitos:

Enviar o formulario de inscrición a corunafilm@coruna.es antes do 21 de outubro.

Documentos:

Formulario de inscrición (209 KB)

Novos modelos e novos camiños na produción e distribución de cinema en internet.

Como afrontar a produción e distribución de cinema e contidos audiovisuais única e exclusivamente en internet? Reflexións arredor do financiamento, a produción e distribución no panorama tradicional e os novos modelos online. O obxectivo do taller é compartir as claves para unha eficiente estratexia de produción, distribución, comunicación e márketing por parte do realizador/produtor/distribuidor, así como potenciar a marca persoal do realizador e a súa obra cinematográfica.

Pablo Maqueda (Madrid, 1985). Director e produtor de cinema. Licenciado en Comunicación Audiovisual pola UCM. Interesado na innovación e internet como medio de expresión, no 2012 estrea de maneira exclusiva en internet All the women, unha experiencia cinematográfica diaria online, 366 vídeos arredor da muller do século XXI, rodado en Tokio, Nova York, París, Londres e Madrid. A comezos do 2013 crea xunto a Haizea G. Viana o manifesto do modelo de produción cinematográfica #littlesecretfilm, e dirixe dúas longametraxes Manic Pixie Dream Girl (2013) e #Realmovie (2013). No campo da realización de publicidade, produce e dirixe no 2013 a campaña de vídeos virais da estrea de Las brujas de Zugarramurdi de Alex de la Iglesia para Universal Pictures Spain, con máis de 200.000 visionados. No 2014 crea e produce a serie CROSSOVER para Canal+.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión