Concello da Coruña

Concello da Coruña

Talleres do Programa de Lecer – outono 2026

O Programa de Lecer – outono 2026 do Concello da Coruña ofrece talleres e actividades para persoas adultas no Centro Ágora e no Fórum Metropolitano.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 28/09/2026 ata o 18/12/2026

Inscricións:

Dende o 14/09/2026 ata o 16/09/2026

Preinscrición: do 14 de setembro ás 09.00 h ata o 16 de setembro ás 20.00 h

Prezo:

Prezo por taller

  • Maiores de 65 anos: 24,50 €. A idade deberá cumprirse antes do inicio dos talleres, o 28 de setembro.
  • Menores de 65 anos: 35 €

Organiza:

Concello da Coruña

Inclúe propostas de arte, artesanía, literatura, teatro, música, baile, fotografía, cinema, cociña, ciencia, memoria e benestar, ademais de rutas de sendeirismo e clubs para compartir afeccións.

Unha oportunidade para aprender, desenvolver a creatividade, manterse activo/a e coñecer outras persoas.

  • Preinscrición: do 14 de setembro ás 09.00 h ata o 16 de setembro ás 20.00 h
  • Publicación dos números para o sorteo: 17 de setembro ás 10.00 h
  • Sorteo público:17 de setembro ás 12.00 h, nas conserxarías do Fórum e do Ágora
  • Publicación de prazas adxudicadas e listaxe de agarda: 18 de setembro, a partir das 10.00 h

Pago da cota: 21, 22 e 23 de setembro

Duración dos talleres:

Do 28 de setembro ao 18 de decembro de 2026, segundo o día e horario de cada taller.

As listas poderán consultarse na web municipal, na web de Cultura e chamando ao 010.

Como realizar o pago

  • Por Internet: ata o 23 de setembro ás 20.00 h
  • Presencialmente: os días 21, 22 e 23, das 10.00 ás 14.00 h e das 17.00 ás 20.00 h, nas recepcións de ambos os centros. Pagarase con tarxeta bancaria mediante TPV.

Documentos relacionados

  • Folleto Programa de Lecer outono 2026 - ÁGORA (2 MB)
  • Folleto Programa de Lecer outono 2026 - FÓRUM (2 MB)

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión