O pobo de Adega Bay recibe a visita de Melanie, unha moza adiñeirada que busca un home con quen tivo un encontrón. Inexplicablemente, a súa chegada parece tolear os paxaros da zona, que atacan a xente do lugar.
Para público en xeral
03/07/2019
Xa rematou
22:30 h
115 min
100
3,00 € (carné xove, +65 anos ou persoas desempregadas: 2,00 €)
* É imprescindible presentar o documento que acredite o desconto no momento de mercar a entrada.
Javier Trigales
Fórum Metropolitano
Teléfono:981 184 293
Correo: forum@coruna.es
Unha película sen música e sen pretextos: puro suspense e unha lección de tensión, ritmo dramático e dirección de actores (e de paxaros). Tippi Hedren borda o seu papel para a posteridade.
Coloquio con Silvia Penide, gañadora do Premio Martín Códax da Música Galega, acaba de sacar á luz o seu novo álbum de estudo producido por David San José co que estará de xira os próximos meses tocando en festivais como o Festival da Luz.
VENDA DE ENTRADAS
- Venda anticipada: na conserxería do Fórum Metropolitano, de luns a xoves de (9:00 h a 14:00 h e de 16:00 h a 20:00 h) venderase unicamente para as proxeccións da semana.
- Venda no despacho de billetes: o mesmo día media hora antes de cada proxección (se quedan localidades dispoñibles)
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible