Concello da Coruña

Concello da Coruña

TODO PÚBLICO Primavera 2024 - "Monstros", de Producións Teatrais Excéntricas

No exterior dunha sinistra casa, catro personaxes miran por unha xanela.

A quen vai dirixido:

Familias, Infancia

Cando:

24/02/2024

Xa rematou

Horario:

18.00 h

Duración:

50 min

Enderezo:

Auditorio do Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Prezo:

ENTRADA: 6,00 €

ABONO FAMILIAR (3 entradas para a mesma función: de venda só nos despachos de venda de entradas): 15,00 €

MENORES DE 3 ANOS: 2,00 €

Televenda:

Ataquilla.com

Requisitos:

NORMAS DE ACCESO AO RECINTO

• Todas as persoas que accedan ao recinto no que terá lugar o espectáculo deben facelo con entrada, independentemente da idade que teñan ou de ocupar ou non butaca.

• Non se admiten cambios nin devolucións das entradas.

• Non está permitido entrar ao recinto no que terá lugar o espectáculo con comida nin bebida, excepto auga.

• Están reservados todos os dereitos de imaxe e propiedade intelectual dos espectáculos programados. Non se permite sacar fotos nin gravar antes, durante, nin ao finalizar o espectáculo, sen a autorización da organización.

• Unha vez que comece o espectáculo non se permitirá acceder á sala.

RECOMÉNDASE:

Actuar con responsabilidade.

Organiza:

Instituto Municipal Coruña Espectáculos (IMCE)

Contacto:

forummetropolitano@coruna.es

É unha visión terrible, pavorosa. Intúense seres saídos dos peores pesadelos escondidos entre as sombras. O nervio e o terror apodéranse do ambiente, as palabras atropélanse nas bocas. Será certo que aquel lugar está habitado por un monstro? Si, iso parece.

Monstros é un espectáculo familiar que reflexiona sobre aquilo que consideramos monstruoso e que talvez por iso nos fai sentir terror. Pero faino desde o humor, porque a risa é o mellor antídoto contra o que nos asusta. Monstros é o artefacto divertido que nos conta que aprender a convivir cos nosos medos axúdanos a entendernos a nós e ás demais persoas, a aceptar as nosas propias monstruosidades.

Autoría e dramaturxia: Lucía Aldao e María Lado

Dirección: Marcos Orsi

Elenco: Rocío González, Víctor Mosqueira, Piti Sanz e Patricia Vázquez

Público: + 8 anos

Duración: 50 minutos

Espectáculo en galego

VENDA DE ENTRADAS:

  • www.ataquilla.com
  • Despacho de billetes da praza de Ourense (excepto festivos): de luns a venres, das 11.00 ás 15.00 h e das 16.30 ás 19.30 h
  • Despacho de billetes do Fórum Metropolitano: dende unha hora antes do comezo do espectáculo (sempre que queden entradas dispoñibles)

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión