A asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros vai proxectar o documentário: Touro-O Pino "A ameaza do cobre".
Para público en xeral
02/04/2018
Xa rematou
19:30 h
* Pídese puntualidade, unha vez comezada a proxección non se permitirá o acceso á sala.
55 minutos
Cines Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña
de balde (até completar a capacidade da sala)
Longametraxe documental coa dirección e realización de Xosé Bocixa (autor de"As Encrobas A ceo aberto", "Rosa de Corcoesto"...) e coa produción de Tingalaranga Audiovisual en colaboración con Nós Tv presentan un documental que aborda en 55 minutos (a través da voz de científicos, veciñas e veciños, alcaldes, empresari@s, o conflito xurdido en Touro e O Pino desde que a empresa galega Cobre S Rafael coa chipriota Atalaia Mining que ten case o monopolio do negocio do cobre no Estado, pretenden reabrir as vellas minas de cobre dado o seu alto prezo no mercado debido á demanda asiática.
Unha explotación moi cuestionada pois afectaríalle ao Camiño de Santiago, a moitas empresas de turismo, gandeiría, agricultura, así como ás augas que abastecen a comarca, existindo riscos graves para a vida das persoas de zonas coma Arinteiro.
O río Ulla podería verse gravemente afectado e mesmo as zonas marisqueiras da súa desembocadura na Arousa.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible