Concello da Coruña

Concello da Coruña

TRCdanza: Cicatriz

De Cía Kirenia Danza

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

04/12/2026

Horario:

20.30 h

*Unha vez que comece o espectáculo NON se poderá acceder á sala

Prégase puntualidade.

Duración:

50 minutos

Enderezo:

Teatro Rosalía de Castro. Rúa Riego de Agua, 37, A. 15001 A Coruña

Prezo:

8'00 € (desconto do 20% para +65 anos, Carné Xove, e persoas desempregadas; do 25% para familias numerosas)

*Todas as persoas que accedan ao recinto no que terá lugar o espectáculo deben facelo con entrada independentemente da idade que teñan ou de ocuparen ou non butaca.

Danza Contemporánea

Cicatriz é unha peza de danza contemporánea que pon corpo ao poema homónimo do icónico Antón Reixa, baixo a coreografía e dirección de Kirenia Martínez Acosta.

300 versos que comezan con "QUERO" exploran o desexo e a frustración de non acadalo como motores da vida. En escena, dous corpos suturados: o do referencial artista galego que se inicia na danza aos 67 anos tras un accidente que o deixou en coma, e o dunha coreógrafa de orixe cubana cunha traxectoria atravesada por lesións e resistencia. A súa complicidade visibiliza o anti-edadismo e a inclusión.

Un coloquio final convida ao público a un ti a ti con estas vidas tan cheas de suturas.

A Cicatriz que dá nome a este espectáculo propón unha reflexión sobre como o desexo -e, sobre todo, o desexo do desexo (a necesidade de ter desexos)- é o motor da vida.

Os dous intérpretes entran e saen de tres estruturas tubulares, a xeito de cabinas abertas, como se o xogo de inhibición / desinhibición fose o resorte imprescindible para xestionar esta perplexidade da existencia. Como mínimo, a aceptación deste desafío vai deixando en nós unha cicatriz indeleble.

Se cadra é de interese para as espectadoras e espectadores deste xogo escénico saber que este traballo vertebra a unión e o contraste entre a ampla experiencia coreográfica de Kirenia Martínez Acosta e a incursión na danza contemporánea de Antón Reixa, quen conta ademais cun recoñecemento oficial dunha discapacidade física do 65 %.

O esencial na danza contemporánea é a emoción, por riba de calquera virtuosismo técnico ou idade.

Interpretación: Kirenia Martínez Acosta e Antón Reixa

Dirección, autoría e coreografía: Kirenia Martínez Acosta

Autoría: Kirenia Martínez Acosta

Texto: Antón Reixa

Música: Bruno Baw e Marcos Payno, voces Antela Cid e Álex Sande

Vestiario: Kirenia Martínez Acosta

Deseño de son: Kirenia Martínez Acosta e Antón Reixa

Escenografía: Kirenia Martínez Acosta e Suso Mareque

Deseño de Iluminación: Violeta Martínez e Daniel Rodríguez

Duración: 50 minutos

Venda de entradas 

Despacho de billetes da praza de Ourense, de luns a venres das 11.00 ás 15.00 e das 16.30 ás 19.30 h

Despacho de billetes do Teatro Rosalía: só abre os días de función dende as 16.00 h

Venda en liña 

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión