Concello da Coruña

Concello da Coruña

TRCdanza: Dance Join

De Marta Alonso Tejada

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

09/10/2026

Horario:

20.30 h

*Unha vez que comece o espectáculo NON se poderá acceder á sala

Prégase puntualidade.

Duración:

70 minutos

Enderezo:

Teatro Rosalía de Castro. Rúa Riego de Agua, 37, A. 15001 A Coruña

Prezo:

8'00 € (desconto do 20% para +65 anos, Carné Xove, e persoas desempregadas; do 25% para familias numerosas)

*Todas as persoas que accedan ao recinto no que terá lugar o espectáculo deben facelo con entrada independentemente da idade que teñan ou de ocuparen ou non butaca.

Danza moderna e contemporánea, teatro/clown

Dance Join é un espectáculo de danza e clown que explora con ironía e diversión os ritmos imposibles da vida contemporánea. 

Catro personaxes en escena -unha artista DJ, a súa produtora, a técnica e a community manager da compañía- loitan por manterse á altura das expectativas: multitarefa, hiperprodutividade, éxito, autoimaxe... 

Un xogo escénico que transita entre o esgotamento e a celebración, entre o caos e o pracer do movemento compartido.

A peza propón un formato interactivo no que o público é convidado a participar e a transformar o espazo escénico. 

Ao final, Dance Join expándese: convértese nunha pista de baile colectiva, onde soltar as presións e reencontrarse co corpo, a comunidade e a alegría.

Intérpretes: Marta Alonso Tejada

Dirección: Pablo Reboleiro e Marta Alonso Tejada

Coreografía: Xián Martínez

Movemento: Rut Balvís

Asistencia de dirección e dramaturxia: Marían Bañobre

Deseño de vestiario e escenografía: Xabier Mujica

Escenografía: Juan Bas

Espazo Sonoro e música: Mounqup

Iluminación: Ángel Sousa

Duración: 70 minutos

Venda de entradas 

Despacho de billetes da praza de Ourense, de luns a venres das 11.00 ás 15.00 e das 16.30 ás 19.30 h

Despacho de billetes do Teatro Rosalía: só abre os días de función dende as 16.00 h

Venda en liña 

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión