Concello da Coruña

Concello da Coruña

Tres curtas documentais realizadas por tres novas creadoras

Tres curtas documentais realizadas por tres novas creadoras

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

16/12/2023

Xa rematou

Horario:

17.30 h

Enderezo:

Cines Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Prezo:

Entrada libre ata completar a capacidade da sala

Requisitos:

NORMAS DE ACCESO AO RECINTO

• Non está permitida a entrada ao recinto no que terá lugar a proxección con comida nin bebida excepto auga

• Están reservados todos os dereitos de imaxe e propiedade intelectual das proxeccións programadas. Non se permite sacar fotos nin gravar antes, durante nin ao finalizar a proxección sen autorización da organización

• Unha vez comezada a proxección non se permitirá o acceso á sala

RECOMÉNDASE:

Actuar con responsabilidade.

Organiza:

Asociación Galega de Comunicación para o Cambio Social (Agareso)

Contacto:

613 04 27 87

Na pel da Memoria, 14', Laura Piñeiro e Coral Piñeiro Unha carta a Mariví Villaverde, filla do alcalde republicano da vila onde nace nosa remitente. Mariví con 14 anos vese obrigada a exiliarse por culpa do golpe de estado. Teñen as súas vidas algo que ver? Son visibles as pegadas das persoas e das historias que nos precederon nos lugares onde medramos? Este relato reflexiona sobre a importancia da memoria histórica a través das vivencias do seu protagonista.

Mothertruckers, 15', Paula Romeu. Mentres a crise do transporte crece no Reino Unido, Lisa, camioneira e escritora, soña con escapar da realidade. A cabina do seu camión e a constante viaxe por estrada daranlle acceso a unha imaxinación fóra deste mundo.

Kalabukú (a semente do cambio), 17', Andrea Bouzo. En Oukout, catro mulleres reúnense cada domingo co seu grupo para autoxestionar un sistema de microcréditos, xunto coa colleita do arroz. Este alimento é símbolo de unidade e prosperidade nesta zona da Baixa Casamance, Senegal, pois o individualismo non ten cabida na súa sociedade. Para sobrevivir, necesítanse as unhas ás outras, e xuntas procuran un equilibrio entre a vida tradicional e a independencia económica. Kalabukú ['as mulleres' en diola] sementan a semente dun cambio que xa se está xestando.

Coloquio posterior con Andrea Bouzo, directora de Kalabukú.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión