Pepe, marido de Leticia, falece repentinamente durante a preparación dunha festa de disfraces, non sen antes facerlle prometer ao aposto Paco Yepes que non casará coa viúva.
Para público en xeral
06/09/2019
Xa rematou
19.00 h h (Rógase puntualidade. Unha vez comezado o espectáculo non se permitirá o acceso á sala)
Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña
5,00 €
(Todos os que accedan ao recinto no que terá lugar o espectáculo deben facelo con entrada)
Paco non cumpre a súa promesa. Dous anos despois da morte de Pepe, durante os tres primeiros meses do segundo matrimonio de Leticia, comezan a producirse sucesos estraños na casa: a luz acéndese e apágase, o piano toca só e un libro de sonetos de Shakespeare cambia de lugar continuamente. O espectro de Pepe, causante de todo o estropicio, faise visible primeiro para Paco e despois para toda a familia, orixinándose todo tipo de situacións ata o desenlace final
GRUPO DE TEATRO Os CIGARRALES da CASA DE CASTELA A MANCHA NA CORUÑA
Director: Jesús Manuel Freire García
VENDA DE LOCALIDADES
Despacho de billetes Central Praza Ourense: de luns a venres (excepto festivos) de 9.30 a 13.00 e de 16.30 a 19.30 h
Despacho de billetes Centro Ágora: Aberto só días de función desde unha hora antes (só se hai localidades dispoñibles)
Televenta: 902 044 226 (de luns a venres de 9.00 a 22.00 h; sábados de 14.00 a 22.00 h; domingos de 16.00 a 21.00 h) ou web
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible