Concello da Coruña

Concello da Coruña

"Under the skin", de Jonathan Glazer

“Scarlett Johansson é unha acabada de chegar ao noso mundo. Todo lle é estraño e intenta comprender e conxeniar coa xente que vai atopando… á súa maneira”.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 07/07/2021 ata o 07/07/2021, os mércores

* Entradas á venda o luns anterior a cada proxección

Xa rematou

Horario:

22:30 h

Enderezo:

Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Prezo:

Prezo: 3,00 €

Descontos Carné Xove, + 65 anos e persoas desempregadas: 2,00 €

Para acceder aos descontos é obrigatorio presentar o documento que o acredite no momento de adquirir a entrada no despacho de billetes ou no acceso ao recinto se a comprou en liña.

Requisitos:

- Non poderán acceder ao evento aquelas persoas con síntomas compatibles coa COVID-19, aquelas diagnosticadas coa enfermidade e que non finalizasen o período de illamento ou as persoas que estean en período de corentena domiciliaria por teren contacto estreito con algunha persoa con síntomas ou diagnosticada de COVID-19.

- Evitaranse aglomeracións tanto no exterior como no interior do recinto e realizarase o acceso de maneira ordenada gardando a distancia de seguridade mínima dun metro e medio.

- En todo momento, tanto na espera, acceso e permanencia dentro do recinto, seguiranse as instrucións do persoal e deberase:

  • Usar máscara de forma obrigatoria.
  • Prestar atención e cumprir coa información da cartelería e das persoas responsables da seguridade.
  • Prestar atención e respectar a sinalización en canto a distancias de seguridade, sentidos de circulación, localización, quenda de espera etc.
  • Aplicación de solución hidroalcohólica nas mans ao entrar e ao saír do recinto e dos baños.
  • Todas as persoas que accedan ao recinto no que terá lugar o concerto deben facelo con entrada.

RECOMÉNDASE:

Limitar ao máximo posible o uso dos aseos.

Actuar con responsabilidade.

Contacto:

forum@coruna.gal

O gran Jonathan Glazer adapta a estrañísima novela de Michael Faber na que unha mirada extraterrestre non fai máis que retratarnos e diseccionarnos con aterradora frialdade. A extraordinaria interpretación de Johansson e a música doutro mundo de Mica Levi fan o resto.

Ano: 2013

Duración: 108 min

País: Reino Unido

Director: Jonathan Glazer

Repartición: Scarlett Johansson, Paul Brannigan, Robert J. Goodwin e Krystof Hádek

Cualificación: non recomendada para menores de 16 anos

Convidada: Ánxela Baltar (cantante e guitarrista do grupo BALA)

Perfil biográfico: Ánxela Baltar dedícase ao mundo da cultura e a música desde hai case 10 anos. Detrás dos escenarios con traballos de produción e comunicación, e encima deles como guitarrista e voz en BALA, con quen acaba de presentar o seu último disco 'Maleza' (Century Media, 2021).

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión