Concello da Coruña

Concello da Coruña

Une belle fille comme moi (Unha moza tan decente como eu) de François Truffaut

Stanislav Prevín, un novo profesor de sociología, prepara unha tese sobre a criminalidade feminina.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 18/03/2021 ata o 20/03/2021

Xa rematou

Horario:

* xoves e venres ás 20.00 h

* sábados 17.30 e 20.00 h

* Pídese puntualidade, unha vez comezadas as proxeccións non se permitirá o acceso á sala.

Prezo:

Xoves, venres e sábado ás 20.00 h: 3,00 € (carné novo +65 anos ou persoas desempregadas: 2,00 €)

Sábado ás 17.30 h (sesión do espectador/a): prezo único 1,50 €

** É imprescindible presentar o documento que acredita o desconto no momento de comprar a entrada e de acceder ás salas de cinema.

Requisitos:

Será de OBRIGADO cumprimento

• O uso de máscara (excepto aquelas persoas exentas pola lexislación vixente).

• Lavarse as mans con xel hidroalcohólico á entrada e á saída do edificio.

• O uso da butaca asignada polo persoal de sala, non estando permitido o desprazamento, salvo que o persoal de sala autoríceo.

• Manter a distancia de seguridade, sobre todo á entrada e á saída para evitar aglomeracións.

• Respectar a sinalización.

• Seguir en todo momento as indicacións do persoal de sala.

RECOMÉNDASE

• Limitar o máximo posible o uso dos aseos.

• Actuar con responsabilidade

Organiza:

Instituto Municipal Coruña Espectáculos

Contacto:

forum@coruna.es

Unha das mulleres elixidas para o seu estudo é Camille Bliss, acusada, entre outras cousas, do asasinato de Arthur, un técnico en desratización. O profesor, armado coa súa gravadora e as súas persoais teorías que aínda non puido confirmar, acode á prisión. Entrevístase coa rapariga e sométea a un longo interrogatorio, no que sae a relucir o seu pintoresco pasado. Conforme avanzan as conversacións, Stanislav está cada vez máis convencido da inocencia de Camille e chega á conclusión de que Arthur suicidouse.

Francia 1972 - 98 min - VOS en castelán

Con: Bernadette Lafont e Claude Brasseur

Non recomendada para menores de 12 anos

VENDA DE LOCALIDADES

Venda en liña: corunacultura.sacatuentrada.es

Venda telefónica: 662867109

Venda no despacho de billetes do Forum: media hora antes de cada pase (sempre que queden localidades dispoñibles)

Venda no despacho central da Praza de Ourense: de luns a xoves de 10:00h a 14:00h e de 15:00h a 18:00h e venres de 10:00 a 15:00 (excepto festivos)

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión