Concello da Coruña

Concello da Coruña

Vacanal Sinfónica – 10 aniversario De Vacas

Este novo espectáculo conmemora o 10 aniversario do grupo nunha revisión sinfónica dos seus grandes éxitos. Un sorprendente achegamento da música orquestral ao universo vacún que conta co traballo do compositor Lucas Rei ao mando dos pentagramas.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

07/02/2026

Horario:

20.00 h

Enderezo:

Teatro Colón. Avda. de la Marina 7 A. 15003 A Coruña

Prezo:

Platea: 8,00 €

Palcos centrais: 6,00 €

Palcos laterais: 4,00 €

Principal: 6,00 €

Requisitos:

NORMAS DE ACCESO AO RECINTO

• Todas as persoas que accedan ao recinto no que terá lugar o espectáculo deben facelo con entrada, independentemente da idade que teñan ou de ocupar ou non butaca.

• Non se admiten cambios nin devolucións das entradas.

• Non está permitido entrar ao recinto no que terá lugar o espectáculo con comida nin bebida, excepto auga.

• Están reservados todos os dereitos de imaxe e propiedade intelectual dos espectáculos programados. Non se permite sacar fotos nin gravar antes, durante, nin ao finalizar o espectáculo, sen a autorización da organización.

• Unha vez que comece o espectáculo non se permitirá acceder á sala.

RECOMÉNDASE:

Actuar con responsabilidade.

Páxina web:

http://www.teatrocolon.es/es/

Organiza:

Deputación da Coruña

Contacto:

teatrocolon@coruna.gal

Do variado repertorio das vacas nace, pois, unha ópera en catro actos que abarca cancións, letras e vivencias. Baixo unha coidada dirección de escena descóbrese un mundo insólito que non por divertido e surreal é menos serio e esplendoroso. Para esta efeméride presentan unha proposta musical en gran formato, cunha orquestra de luxo creada para a ocasión, acompañadas dun orfeón consolidado e de gran renome como o Coro da Ra. Todos estes elementos confluirán na escena, subliñando o carácter sinfónico dos seus grandes himnos. Se naceron espindo as cancións para interpretalas con só tres voces e unha guitarra, agora queren revestilas coas mellores galas para celebrar así estes 10 anos de vida compartida. Diversión, epicidade, vacanal... son as súas máximas para esta efeméride. Estarán arroupadas por unha escenografía espectacular, unha proposta visual e de iluminación acorde coa celebración, e un vestiario renovado.

VENDA DE ENTRADAS

  • Despacho de billetes da praza de Ourense (excepto festivos): de luns a venres das 11.00 ás 15.00 h e das 16.30 ás 19.30 h
  • Despacho de billetes do Teatro Colón: dende dúas horas antes do comezo do espectáculo (sempre que queden entradas dispoñibles)
  • www.ataquilla.com

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión