Concello da Coruña

Concello da Coruña

"Valhalla Rising", de Nicolas Winding Refn

“Na era dos viquingos, un guerreiro escravizado consegue fuxir e acaba nun barco con destino ao descoñecido”.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

21/07/2021

* Entradas á venda o luns anterior a cada proxección

Xa rematou

Horario:

22:30 h

Enderezo:

Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Prezo:

Prezo: 3,00 €

Descontos carné xove, + 65 anos e persoas desempregadas: 2,00 €

Para acceder aos descontos é obrigatorio presentar o documento que o acredite no momento de adquirir a entrada en despacho de billetes ou no acceso ao recinto se a mercou en liña.

Requisitos:

- Non poderán acceder ao evento aquelas persoas con síntomas compatibles coa COVID-19, aquelas diagnosticadas coa enfermidade e que non finalizasen o período de illamento ou as persoas que se atopen en período de corentena domiciliaria por teren contacto estreito con algunha persoa con síntomas ou diagnosticada de COVID-19.

- Evitaranse aglomeracións tanto no exterior como no interior do recinto e realizarase o acceso de maneira ordenada gardando a distancia de seguridade mínima dun metro e medio.

- En todo momento, tanto na espera, acceso e permanencia dentro do recinto, seguiranse as instrucións do persoal e deberase:

  • Usar máscara de forma obrigatoria.
  • Prestar atención e cumprir coa información da cartelería e das persoas responsables da seguridade.
  • Prestar atención e respectar a sinalización en canto a distancias de seguridade, sentidos de circulación, localización, quenda de espera etc.
  • Aplicación de solución hidroalcohólica nas mans ao entrar e ao saír do recinto e dos baños.

- Todas as persoas que accedan ao recinto no que terá lugar o concerto deben facelo con entrada.

RECOMÉNDASE:

Limitar ao máximo posible o uso dos aseos.

Actuar con responsabilidade.

A película oculta de WInding Refn e unha das súas obras máis plásticas e magnéticas. Mads Mikkelsen borda o seu papel de guerreiro invencible nesta odisea de aire arcaico onde se din poucas palabras pero a paleta de cores define un mundo rexido pola violencia e o sangue.

Ano: 2009

Duración: 100 min

País: Dinamarca

Director: Nicolas Winding Refn

Repartición: Mads Mikkelsen, Gary Lewis e Maarten Stevenson

Cualificación: non recomendada para menores de 16 anos

Convidado: Manel Cráneo (editor e autor de cómics)

Perfil biográfico: Manel Cráneo (A Coruña, 1973) Artista multidisciplinar de espiritu punk. Director de Demo (editora de banda deseñada e produtora cultural), músico alternativo, ilustrador, deseñador, director de arte, escritor de libros infantís, guionista, podcaster (A voz do Demo) e investigador.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión