Concello da Coruña

Concello da Coruña

Xulio García Rivas. Manancial de sombras

Manancial de sombras reúne a obra máis recente de Xulio García Rivas (Borraxeiros, Agolada, Pontevedra, 1947), unha selección de vinte pezas de mediano e gran formato realizadas en tinta chinesa sobre lenzo ou papel de arroz.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 18/01/2023 ata o 09/04/2023

O vindeiro mércores 18 de xaneiro, ás 20.00 horas, a Fundación Luís Seoane acollerá a inauguración de Manancial de sombras, a nova exposición de Xulio García Rivas, un proxecto comisariado por Sara Donoso que amosa a produción máis recente do artista pontevedrés. A entrada ao acto é libre.

Xa rematou

Enderezo:

Fundación Luis Seoane. Rúa San Francisco 27. 15001 A Coruña

Organiza:

Fundación Luís Seoane

Contacto:

info@fundacionluisseoane.gal

+34 981 216 015

Comisariada por Sara Donoso, a mostra establece unha conexión coas exposicións levadas a cabo na Fundación Luís Seoane entre os anos 2005 e 2007 por outros artistas galegos como Xabier Toubes, Darío Álvarez Basso ou Roberto González Fernández, cuxo traballo non se inscribe dentro de ningún movemento ou corrente artística concreta.

A diferenza daquelas intervencións realizadas dentro do ciclo Non Dispoñible, que recorría a zonas non expositivas do edificio como as galerías ou o patio central, neste caso o artista executou especificamente este proxecto para a sala principal da Fundación, único dos seus espazos que permite acoller obras que, nalgúns casos, exceden os catro metros de longo.

As dimensións das pezas xogan un papel destacado nesta proposta de carácter inmersivo que conecta o espectador co mundo interior do autor, grazas á interpretación que este fai da paisaxe, no que se mesturan as influencias da pintura taoísta chinesa, o expresionismo abstracto, a obra de artistas como Monet, Goya ou Caspar David Friedrich, as Variacións Goldberg ou a música de John Coltrane, por citar só algúns exemplos.

Manancial de sombras é tamén o título do libro que se publicará con motivo da aparición desta exposición, unha edición limitada de 200 exemplares numerados que contarán cunha intervención do artista na contraportada. A publicación, máis próxima ao concepto de libro de artista que a un catálogo de exposición ao uso, inclúe os textos críticos sobre a obra de Xulio García Rivas da artista, escritora e crítica de arte Ánxeles Penas, do poeta e ensaísta sobre creación literaria e artística Juan Antonio Martínez-Casanueva e de Sara Donoso, comisaria da exposición.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión