Concello da Coruña

Concello da Coruña

You erase yourself [the selector]

IGOR C. SILVA + ARXIS ENSEMBLEREGA | RESIDENCIAS ARTÍSTICAS DO GAIÁS – CIDADE DA CULTURA 2022

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

ata o 21/04/2022

Xa rematou

Horario:

20:00 h

Enderezo:

Fundación Luis Seoane. Rúa San Francisco 27. 15001 A Coruña

Prezo:

Entrada gratuíta

RESERVA DE INVITACIÓNS NA FUNDACIÓN LUÍS SEOANE

TLF: 981 21 60 15

Presentación do traballo desenvolvido na Cidade da cultura ao amparo da REGA 22 | Residencias artísticas do Gaiás.

Nesta edición contaremos co compositor portugués Igor Silva e ARXIS Ensemble como artistas residentes.

Estamos constantemente elixindo e decidindo o que lemos e consumimos na rede, creando e dando forma á nosa propia contorna virtual, que con moita frecuencia foi previamente deseñado e filtrado antes de chegar ás nosas pantallas e retinas cansas.

Esta é unha instalación inmersiva presentada nun espazo ás escuras no que o público experimentará un xogo de percepción audio-visual, creando unha sensación de desmaterialización do espazo e o tempo.

Xa non nos atopamos neste espazo. En cada lado deste espazo créanse perspectivas e narrativas diferentes do contido audiovisual, ao mesmo tempo que se complementan entre elas.

A instalación está constantemente recibindo información do exterior a través de páxinas web, mostrando diferentes visións dun mundo en cambio constante. A información será procesada para xerar material visual que será proxectado nas pantallas.Sensores no sueloPor toda a sala haberá varios sensores que capturarán os movementos do público asistente.

Estas vibracións serán procesadas de forma que manipulen o material auditivo e visual, creando unha clara relación entre a interacción do público e unha reflexión audiovisual.Cámara dixital Ao mesmo tempo, unha cámara dixital estará constantemente capturando os movementos do público mentres pasean polo espazo, transformando os seus movementos en son e imaxe.

O público poderá interactuar e mergullarse neste sistema interactivo dixital.

EQUIPO ARTÍSTICO

COMPOSITOR E CREADOR VISUAL: IGOR SILVA

PERCUSIÓN: NOÈ RODRIGO

SAXOFÓN: PATRICIA CADAVEIRA

PRESENTADO POR

CHUS ÁLVAREZ

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión