· Apertura da escola: 08:00 a 21:30 horas
· Lectivo: 16:30 a 21:30 horas
· Administración: 09:00 a 21:00 horas.
Centro deseñado para satisfacer as inquietudes musicais, desde o punto de vista educativo e cultural, do maior número posible de cidadáns e cidadás.
A Escola Municipal de Música da Coruña nace o 22 de novembro de 1998 e foi inaugurada polo que era por aquel entón alcalde da Coruña, Francisco Vázquez Vázquez. A Escola Municipal de Música é un centro deseñado para satisfacer as inquietudes musicais, desde o punto de vista educativo e cultural, do maior número posible de cidadáns e cidadás.
Nos seus plans de estudos ten cabida alumnado de todas as idades e comeza a partir dos catro anos. A súa flexibilidade permítelle integrar a un alumnado con diferentes intereses e capacidades e abarca ao mesmo tempo estilos musicais diversos.
Desde o curso 2002-2003 o alumnado da Escola Municipal de Música está a ofrecer concertos fóra dos muros do recinto que lle serven para poñer en práctica, ante o público, o aprendido nas clases.
Con frecuencia o alumnado da Escola participou e participa en distintos certames e concursos convocados polas institucións para fomentar o desenvolvemento da música.
Áreas de estudo
ÁREA DE MÚSICA E MOVEMENTO (de 4 a 7 anos)
Contido:
Nesta área introdúcese ao alumnado máis pequeno na aprendizaxe da música desde un enfoque lúdico, auditivo e intuitivo, ademais de poñer en valor a educación inclusiva e a solidariedade entre o grupo. A metodoloxía empregada da EMM baséase nunha práctica grupal con instrumental orff, particularmente o xilófonos e metalófonos cromáticos, fomentando así a creatividade e o desenvolvemento das aptitudes de todo o alumnado.
Horarios:
De luns a xoves, en horario de 16:30 a 19:30 horas.
As clases terán unha hora de duración, e escolleranse dous días á semana.
Práctica Instrumental:
Os alumnos que cursasen polo menos un ano de Música e Movemento connosco, e cumpran 6 ó 7 anos antes do 31 de decembro de 2022, poderán acceder a unha hora de práctica instrumental, naqueles instrumentos nos que exista vacante, e seguindo os criterios de adxudicación establecidos.
Matrícula:
Poderán realizala en música e movemento, aqueles alumnos e alumnas que cumpran de 4 a 7 anos, antes de 31 de decembro do 2022
ÁREA XERAL (de 8 anos en diante): Clásica, Tradicional, Jazz e Moderna
Contido:
AGRUPACIÓN: A materia de agrupación céntrase na interpretación en grupo de diverso repertorio onde o alumnado poida desenvolver os coñecementos adquiridos co seu instrumento fomentando o traballo en equipo e a solidariedade entre todos os compoñentes, motivando a improvisación e a creación propia e sendo un marco exemplificativo de inclusión.
INSTRUMENTO: Na especialidade de instrumento traballarase de maneira progresiva a técnica, adaptándose sempre ao nivel do alumnado e reforzando a lectura musical sen esquecer que o alicerce fundamental sobre o que traballa a EMM é a práctica en grupo.
LINGUAXE MUSICAL: Como o seu propio nome indica nesta materia abordaremos os contidos e ferramentas necesarias para comprender e gozar de todo a linguaxe que integra a música: lectura melódico-rítmica, educación auditiva e vocal, harmonía, improvisación, análise...
Instrumentos:
Acordeón, Canto clásico, canto moderno, Clarinete, Frauta, Saxofón, Gaita, Percusión latina, Percusión tradicional (só venres), Batería, Guitarra clásica, Guitarra eléctrica, Baixo eléctrico, Piano, Violín, Viola, Violoncelo, Contrabaixo.
Horarios:
Opción 1 (de luns a xoves)
Opción 2 (só os venres)
TALLERES
Os alumnos que queiran asistir, realizarán unha entrevista previa cos responsables do taller
Actividades relacionadas
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible