Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".
Folla de inscrición para as/os figurantes na cabalgata de Reis 2020
O formulario xa está pechado
Normas de obrigado cumprimento
As persoas participantes deberán presentarse, co xustificante da inscrición e acompañadas pola nai, pai ou titor/a, o día 5 de xaneiro ás 15:30 horas no punto determinado polo IMCE que será comunicado no momento de confirmación da praza, onde quedarán ao cargo das persoas responsables da organización da Cabalgata de Reis 2020.
Desde o momento da entrega ata a hora de inicio da Cabalgata, as persoas participantes permanecerán nas instalacións asignadas, onde se vestirán e realizarán actividades variadas para amenizar a espera ata a chegada das súas maxestades os Reis Magos de Oriente.
Durante o percorrido, as persoas participantes lanzarán caramelos desde as súas carrozas e sempre deberán atender as indicacións das súas monitoras ou monitores asignados.
A duración do percorrido da Cabalgata de Reis 2020 será aproximadamente de 3 horas e está prevista a chegada á praza de María Pita ás 20:30 horas.
Unha vez que finalice o saúdo real, e SÓ ENTÓN, as e os figurantes menores serán recollidos polas persoas responsables (nai, pai ou titor/a) pola "porta" que corresponda, logo de se comprobaren as pulseiras identificativas de ambas/os.
En NINGÚN CASO se poderá acceder ás zonas delimitadas pola organización na praza de María Pita para recoller a unha ou un menor participante antes de que finalice o saúdo real.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible