Tras a resolución definitiva da convocatoria FEDER 2021-2027, o Concello da Coruña asume as funcións vinculadas á selección e xestión das operacións que integran o PAI, actuando como Organismo Intermedio Lixeiro (OIL) de acordo co previsto na normativa reguladora dos Plans de Actuación Integrados.
Esta condición permítelle ao Concello xestionar directamente os procedementos de selección, seguimento e control das actuacións financiadas, garantindo o cumprimento dos principios de transparencia, eficacia, trazabilidade e boa xestión financeira esixidos pola Unión Europea.
As expresións de interese son o procedemento mediante o cal as áreas, servizos municipais ou entidades habilitadas poden propoñer operacións para a súa incorporación e financiamento dentro do Plan de actuación integrado.
As propostas deberán estar relacionadas cos proxectos e coas actuacións previstos no PAI, contribuír aos seus obxectivos e cumprir as condicións establecidas na convocatoria e na normativa aplicable.
Unha vez presentada a expresión de interese, a Unidade de Xestión analizará e avaliará a proposta para verificar a súa adecuación aos obxectivos e requisitos do PAI, e procederá posteriormente, de ser o caso, á súa selección como operación.

Neste apartado publícanse os principais documentos que regulan a xestión e seguimento do PAI, garantindo unha execución transparente e consonte á normativa.
Esta documentación foi aprobada en , XGL o 4 de marzo de 2026 e constitúe o marco de referencia para a selección, xestión, seguimento, control e xustificación das operacións financiadas no marco da Estratexia de Desenvolvemento Integrado Local (EDIL) da Coruña.
A información dispoñible irase ampliando a medida que avance a execución do Plan.
Co obxectivo de facilitar a correcta execución e seguimento PAI, as entidades beneficiarias dispoñen de distintos recursos de apoio.
O Centro de Atención ás persoas Usuarias (CAU) da Secretaría Xeral de Fondos Europeos, pon a disposición das entidades beneficiarias un servizo de soporte dirixido ao persoal das administracións públicas implicado na xestión de fondos europeos, con atención telefónica e por correo electrónico. Na súa web tamén se publican artigos de interese, manuais, guías, normativa e preguntas frecuentes sobre a convocatoria.
Doutra banda, a Rede de Iniciativas Urbanas (RIU) conta cun espazo web específico dedicado aos Plans EDIL, onde se recompila información de referencia, documentación de interese e contidos relacionados co desenvolvemento destas estratexias.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible