Concello da Coruña

Concello da Coruña

Área de Emprego

O obxectivo da Área de Emprego é desenvolver as políticas activas municipais de emprego, deseñando e executando itinerarios de inserción laboral para persoas desempregadas ou traballadoras que queren mellorar a súa empregabilidade.

A través desta web presentamos unha visión completa e actualizada das accións que se realizan no concello en materia de emprego e facilitamos o acceso á información externa mediante ligazóns a outras páxinas web de interese.

O proceso da busca de emprego articúlase a través de talleres de información para a procura de emprego, onde se explican os recursos que existen para iniciar a procura e dá a posibilidade de solicitar unha cita de orientación laboral individualiza, na que persoal especializado analizará o currículo e valorará os pasos que se deben seguir para a inserción laboral.

Trabállase en colaboración con outras entidades tanto a nivel autonómico como estatal e europeo a través de programas destinados á mellora integral da busca de emprego: habilidades, formación, aptitudes e actitudes, tendo como fin último a inserción laboral, a través de itinerarios integrados de inserción.

A atención é sempre personalizada, e acordaranse entre o persoal de orientación e a persoa demandante de emprego as accións que se van seguir. Estas accións poden ser de orientación sociolaboral, de formación ocupacional ou directamente información sobre o mundo empresarial.

A formación ocupacional compleméntase con módulos transversais de formación en seguridade laboral, igualdade de oportunidades e alfabetización dixital, para mellorar a cualificación e a empregabilidade.

Poñemos en contacto o empresariado coas persoas traballadoras a través da prospección de empresas e a intermediación laboral mediante a detección das súas necesidades e a procura dos recursos humanos adecuados a estas necesidades.

Localización

Estrada dos Fortes, 16

15011 - A Coruña

Tel.: 981 184 399

Tamén ten acceso pola rúa Emilio González López

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión