Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
Aberto o prazo para formación con compromiso de contratación para a capacitación profesional, para a montaxe de equipos eléctricos
A empresa Elinsa coa colaboración da Deputación da Coruña e o Centro de Formación Profesional Rosalía Merra, vai levar a cabo un curso de automatismos industriais.
O curso implica certificado oficial da Xunta de Galicia, prácticas na empresa con alta na Seguridade Social e unha bolsa para a mobilidade de 300 €.
A prescrición tense que realizar no IES Rosalía Mera ata o 14 de abril e a partir do 20 do mesmo mes comezará o curso, que ten unha duración de 213 horas de formación e finalizará o período lectivo o 9 de xuño de 2026.
O horario do curso é das 7.00 ás 15.00 horas e ao finalizar a parte teórica realizaranse prácticas na empresa Elinsa de luns a venres.
Os contidos do curso serán:
Automatismos cableados e programados
Mecanizado
Debuxo técnico
Proteccións eléctricas
Prevención de riscos laborais
Os requisitos de acceso son:
Formulario de prescrición cuberto
Curriculum vitae
Certificación académica de ESO, título profesional básico, bacharelato, estudos universitarios, técnico/a superior, técnico/a especialista, COU ou técnico/a) ou outros estudos equivalentes ou estudos homologados.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible