Concello da Coruña

Concello da Coruña

Ciclo de webinarios de novembro 2020. Emprendemento e empresa

Desde o Departamento de Promoción Económica e Comercio do Concello da Coruña seguimos co noso ciclo de webinarios (sesións informativas gratuítas en formato vídeo, que se imparten a través de Internet).

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 02/11/2020 ata o 30/11/2020

Xa rematou

Inscricións:

Dende o 14/09/2020 ata o 30/11/2020

Se queres asistir e participar só tes que picar ou copiar e pegar a ligazón de acceso que che indicamos. Non é necesario que teñas instalada no teu ordenador a aplicación TEAMS. Podes acceder elixindo primeiramente a opción "Ver en Internet" e despois "Unirse de forma anónima".

Organiza:

Departamento de Promoción Económica e Comercio do Concello da Coruña

Contacto:

Correo: empresa@coruna.es

Tel.: 981 189 887

Nestas sesións informativas, impartidas por especialistas en cada unha das materias, tocaranse temas de interese para persoas emprendedoras, comerciantes, autónomos/as e empresariado en xeral.

Os próximos webinarios comezarán, como é habitual, ás 12.00 h e os temas previstos para novembro son:

02/11/2020. Solución temperá á crise empresarial e peche ordenado de actividades

Obxectivo: desmontar o mito do concurso de acredores e abordar a "segunda oportunidade" á que se poden acoller autónomos/as e empresas.

Ligazón: https://cutt.ly/concursal

06/11/2020. Como deseñar unha estratexia dixital efectiva para captar clientela?

Obxectivo: aprender a deseñar un sistema que axude a crear e automatizar unha relación de confianza para converter a persoas seguidoras e subscritoras en clientela.

Ligazón: https://cutt.ly/estrategia_digital

09/11/2020. Como facer da túa idea unha empresa?

Obxectivo: coñecer as claves para poder empezar e preparar a nosa empresa para traballar cun sistema de orzamentos e obxectivos nun medio prazo.

Ligazón: https://cutt.ly/plan_negocio

13/11/2020. Ciberseguridade: como protexer a miña empresa?

Obxectivo: comprender a importancia de xestionar a seguridade informática da empresa, e as consecuencias de non facelo. Coñecer a existencia de ferramentas que facilitan a xestión da seguridade informática.

Ligazón: https://cutt.ly/ciber_seguridad

16/11/2020. Como contratar coa Administración?

Obxectivo: coñecer de forma xeral os tipos de contratos máis habituais, requisitos para contratar coa Administración e o funcionamento da Plataforma de contratación do sector público.

Ligazón: https://cutt.ly/contratar_admon

Se queres asistir e participar só tes que picar ou copiar e pegar a ligazón de acceso que che indicamos. Non é necesario que teñas instalada no teu ordenador a aplicación TEAMS. Podes acceder elixindo primeiramente a opción "Ver en Internet" e despois "Unirse de forma anónima".

Recomendámosche que probes a acceder antes da realización do evento para comprobar que accedes sen problema. (Se accedes desde un teléfono móbil ou unha tableta é necesario que descargues a aplicación).

Se non puideches participar nos webinarios anteriores, podes visualizalos en Vimeo, na canle oficial do Concello da Coruña, ou premendo directamente na seguinte ligazón.

Esperamos que estas sesións informativas sexan do teu interese e poidas sacar proveito delas. E se tes calquera dúbida, por favor, contacta connosco a través do correo ou o teléfono 981 18 98 87.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión