Concello da Coruña

Concello da Coruña

Ùltimas prazas libres para matricularse en cursos de formación en liña

Preme aquí para inscribirte

As prazas libres son en materias como: comercio electrónico, teletraballo, community manager, satisfacción da clientela e xestión de queixas, ademais do certificado de manipulación de alimentos

A formación en liña pasou a formar parte do presente para potenciar as nosas habilidades, crear un mellor perfil profesional e académico e xerar maiores probabilidades de contratación en futuros empregos.

Desde os nosos fogares, podemos continuar ampliando coñecementos sen necesidade de acudir a un centro de formación, incluso as persoas interesadas que non teñan acceso a computador, tablet ou datos, o Concello pon a súa disposición ordenadores e acceso a internet para que poidan realizar as accións formativas elixidas.

Esta é unha medida deseñada para persoas en desemprego, en situación de ERTE, profesionais que cesaron na actividade ou persoas traballadoras temporais que queiran mellorar o seu emprego e que estean empadroadas no Concello da Coruña.

A maioría das accións formativas pódense realizar mesmo no teléfono móbil.

Cada persoa poderá seleccionar as accións formativas das áreas de especialización:

  • comercio electrónico
  • a venda en liña
  • o teletraballo e o call center
  • comunity manager
  • satisfacción do cliente, calidade e atención de queixas
  • manipulación de alimentos

A inscrición estará aberta ata esgotar as prazas. 

Todas as accións formativas levan competencias moi demandadas na dixitalización que está a experimentar o mercado actual.

Os cursos son nun formato integramente en liña e accesibles na modalidade 24/7, é dicir, durante as 24 horas do día, calquera día da semana. Ao finalizar a acción formativa, cada persoa poderá descargar o manual de formación e obter o seu diploma.

O prazo para finalizar as accións formativas é ata o 4 de setembro deste ano.

Preme aqui para comezar a inscrición:

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión