Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
O Concello pon en marcha novos itinerarios formativos gratuítos no marco do proxecto EFESO Coruña
Foto formación
A oferta formativa está dirixida a persoas desempregadas, co obxectivo de mellorar a súa empregabilidade a través de formación práctica e certificada en sectores con alta demanda.
No marco do proxecto EFESO Coruña, cofinanciado polo Fondo Social Europeo Plus (FSE+), o Concello pon en marcha unha serie de novos itinerarios formativos gratuítos.
Os itinerarios dispoñibles son os seguintes:
Operacións auxiliares de servizos administrativos e xerais (Certificado Profesional Nivel 1)
Do 1 de outubro de 2026 ao 12 de marzo de 2027
Duración: 509 horas
Servizos auxiliares de salón de peiteado (Certificado Profesional Nivel 1)
Do 14 de outubro de 2026 ao 23 de febreiro de 2027
Duración: 409 horas
Actividades auxiliares de comercio (Certificado Profesional Nivel 1)
Do 20 de novembro de 2026 ao 16 de marzo de 2027
349 horas
A quen van dirixidos?
Estes itinerarios están orientados a colectivos con maiores dificultades de acceso ao emprego no municipio, dentro do programa EFESO Coruña, cofinanciado polo Fondo Social Europeo Plus.
Que ofrecen?
Formación totalmente gratuíta e prácticas en empresas da cidade.
Contidos adaptados ao mercado laboral.
Posibilidade de obter Certificados Profesionais.
Posibilidade de obter unha bolsa, en caso de cumprir os requisitos.
Acompañamento personalizado para a inserción laboral.
Como participar?
As prazas son limitadas. Pódese solicitar información e inscribirse a través das canles municipais:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible