Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir á túa axenda
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Programa de información e orientación laboral (PIOL)

Obxecto:

Facilitarlles información e orientación laboral ás persoas que buscan emprego

A quen vai dirixido?:

Persoas traballadoras en situación de desemprego

Organizador:

Área de Emprego e Empresa

Asesoramento grupal e individualizado sobre os recursos que en materia de procura activa de emprego, formación para o emprego e emprendeduría, dispón o Servizo Municipal de Emprego.

Comeza cun asesoramento grupal a través do Taller de Información para a Procura de Emprego.

Para poder participar neste taller hai que solicitalo anticipadamente chamando ao Centro Municipal de Emprego ao 981 184 399, a través do báner "solicita unha entrevista" nesta web ou persoalmente na conserxería do Centro Municipal de Emprego dos Rosales.

A inscrición realizarase por orde de entrada da dita solicitude.

No taller falarase sobre os recursos do Servizo Municipal de Emprego: itinerarios de inserción, formación para o emprego, intermediación laboral e procura de emprego por conta propia ou por conta allea. Incluiranse tamén as explicacións necesarias sobre os novos Certificados de Profesionalidade (RD 34/2008, do 18 de xaneiro, polo que se regulan os Certificados de Profesionalidade) e o proceso de recoñecemento da experiencia profesional (RD 1224/2009, do 17 de xullo de recoñecemento das competencias profesionais adquiridas por experiencia laboral).

Poderase solicitar unha entrevista de orientación a través dunha cita individual co persoal técnico de orientación do Servizo Municipal de Emprego. O establecemento da cita para a entrevista realízase a través de chamada telefónica desde o servizo á persoa interesada.

A duración do taller será aproximadamente de 2 horas.

A entrevista de orientación divídese:

Acollida: servirá para acoller inicialmente a persoa, establecer as bases da relación e explicarlle o sistema de orientación do SME. Nesta fase realízase a exploración das expectativas, metas e necesidades da persoa entrevistada. Recollerase a documentación solicitada na concertación da entrevista (copia deDNI/NIE, copia da tarxeta de demanda de emprego e C.V. e vida laboral se dispón delas).

Diagnóstico: realizarase a exploración do contexto formativo, profesional e persoal:

  • Recóllese, valórase e analízase a información académica, profesional e ocupacional
  • Identifícanse as esixencias que ten o posto ou postos aos que desexa optar
  • Analízase como está o mercado laboral (a oferta e a demanda neses postos)
  • Determínase que coñecementos ten a persoa usuaria dos métodos e das ferramentas de procura de emprego
  • Recóllense outras circunstancias da contorna da persoa orientada que poidan afectar ao proceso orientador
  • Analízanse as ferramentas de procura de emprego: carta de presentación e curriculum vitae
  • Realízase o proceso de autocoñecemento onde se explora a comprensión de si mesmo, os recursos internos e externos dos que dispón a persoa usuaria e a súa motivación para acadar uns obxectivos.

Unha vez finalizada esta fase o persoal orientador valorará:

  • Derivar a persoa usuaria a outros recursos
  • Dar por finalizado o proceso de orientación e derivar a persoa usuaria á bolsa de emprego.

A duración da entrevista non será superior a 1 hora. No caso de que sexa necesario máis tempo a persoa orientadora proporcionaralle ao/á usuario/a unha nova cita.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión