Concello da Coruña

Concello da Coruña

Punto PAE

Os PAE son portelos únicos electrónicos ou presenciais, a través dos que se poderán realizar trámites para o inicio, exercicio e cesamento da actividade empresarial. Apóianse no Centro de Información e Rede de Creación de Empresas (CIRCE) do Ministerio de Industria, Comercio e Turismo utilizando o Sistema de Tramitación Telemática (STT).

Os Puntos de Atención ao/á Emprendedor/a (PAE) prestan os seguintes servizos:

  1. Información e asesoramento ás persoas emprendedoras á hora de desenvolver as súas iniciativas empresariais. Encárganse de facilitar a creación de novas empresas, o inicio efectivo da súa actividade e o seu desenvolvemento a través da prestación de servizos de información, asesoramento, formación e apoio ao financiamento empresarial.
  2. Realización dos trámites administrativos de constitución dunha empresa.

Os tipos de empresas que se poden constituír actualmente en Galicia a través dun PAE son:

  • Empresarios/as individuais
  • Sociedades civís e comunidades de bens
  • Sociedades limitadas, e en particular sociedades limitadas de formación sucesiva e sociedades limitadas nova empresa

O inicio da tramitación para a constitución dunha empresa realízase a través da realización do Documento Único Electrónico (DUE). No caso de constituír unha sociedade limitada é imprescindible achegar previamente a Certificación Negativa de Nome emitida polo Rexistro Mercantil Central, con sede en Madrid.

Na actualidade, non é posible a constitución de sociedades anónimas, laborais ou cooperativas mediante tramitación telemática nos PAE.

Na páxina web do CIRCE (www.circe.es) figura toda a información respecto diso, así como un buscador de puntos PAE aos que pode acudir a persoa emprendedora.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión