Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Inicio
  • Feira de Economía Social

Feira de Economía Social

A Feira de Economía Social é unha proposta impulsada polo goberno local en colaboración coas principais entidades galegas que traballan no campo do cooperativismo. O obxectivo que persegue a organización destas xornadas é dar a coñecer e promover entre a cidadanía unha tipoloxía diferente de entender a economía, na que as traballadoras e os traballadores sitúanse no centro.

A diferenza doutros modelos que buscan maximizar o lucro a curto prazo, a economía social ten como prioridades outras cuestións, como poden ser o coidado do emprego ou do persoal da entidade, que á vez é copropietaria dela.

É un paso máis na liña de traballo que está a seguir o Concello de fomentar e difundir o cooperativismo, compromisos que son unha realidade partindo do propio nome desta concellería, ou da súa unión á Rede Eusumo.

Durante a feira as cooperativas e empresas de Economía Social expoñerán no Campo da Leña os seus produtos e servizos para darse a coñecer entre a veciñanza, unha proposta que se complementará con concertos, conferencias, proxeccións e actividades abertas a todos os públicos.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión