Concello da Coruña

Concello da Coruña

Óscar Fabian Siñani Eyzaguirre

Secretario do Concejo Municipal do Gobierno Autónomo Municipal de La Paz (Bolivia)

Óscar Fabián Siñani Eyzaguirre, naceu na cidade de La Paz, estudou dereito na Universidade Maior de San Andrés. Participou en varios grupos xuvenís de defensa dos Dereitos Humanos. É parte da xestión municipal de La Paz desde hai máis de 15 anos, cumpriu funcións de Secretario Xeral, Subalcalde e como Coordinador Especial Territorial contribuíndo ao desenvolvemento do municipio. Cando traballou no Executivo Municipal exercendo o cargo de Coordinador Distrital tivo relación coas organizacións veciñais na formulación dos Orzamentos e Programas Operativos Anuais (POAS). Así mesmo a estreita relación e constantes reunións cos Comités de Vixilancia permitiron realizar a planificación e asignación dos recursos aos barrios e as comunidades rurais do Municipio de La Paz.

A experiencia que presenta é Barrios e Comunidades de verdade: o orzamento para o desenvolvemento en mans da xente. No ano 2000, o Municipio de La Paz (GAMLP) creou o Programa de Melloramento Barrial denominado "Barrios de verdade", cuxo obxectivo é o de transformar barrios marxinais en comunidades con condicións dignas. Proxecto que pretende priorizar barrios con evidentes carencias en infraestruturas, onde existen fogares catalogados por baixo da liña de pobreza, con risco topográfico, onde existan oportunidades de traballo para a cohesión social e un punto moi importante para o empoderamento das mulleres. Para a selección das zonas de intervención priorizáronse criterios técnicos e a opinión das instancias de control social de cada barrio. Actualmente, o programa está concluíndo o 8º Concurso, con máis de 100 barrios intervidos entre os anos 2000 e 2018.  Para este ano prevese o inicio de actividades dos 8 primeiros barrios do 9º Concurso.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión