Concello da Coruña

Concello da Coruña

Historia

O Instituto "José Cornide" de Estudos Coruñeses constituíuse o 3 de xullo de 1964 a iniciativa do entón Alcalde da Coruña, Eduardo Sanjurjo de Carricarte. Por Decreto dá Alcaldía de 8 de xullo de 2016 integrouse, de maneira provisional, na estrutura municipal do Concello da Coruña como Servizo de carácter Cultural e de Investigación, órgano especial da administración de carácter desconcentrado baixo a dependencia orgánica da área de Alcaldía e funcional da Concellería de Culturas, Deporte e Coñecemento.

Leva o nome do ilustre polígrafo coruñés José Andrés Cornide e Saavedra, pretende honrar a súa memoria e ten como finalidade a investigación, estudo e divulgación en diferentes áreas temáticas, prestando especial atención á realidade socio-cultural e científica da cidade da Coruña, a súa zona de influencia e Galicia. Nese sentido, busca canalizar a actividade cultural das persoas interesadas no pasado, presente e futuro da cidade.

Na historia do Instituto gardamos un especial recordo de Isabel Martínez-Barbeito Morás, historiadora e arquiveira municipal, polo importante labor que desenvolveu como secretaria-conservadora, destacando o seu papel determinante na consecución da doazón do arquivo privado e biblioteca do insigne polígrafo e coruñés universal Salvador de Madariaga e do naturalista Victor López Seoane.

Bilbioteca e arquivo

O Instituto "José Cornide" está dividido en tres diferentes seccións: os fondos de Salvador de Madariaga, os fondos de Víctor López Seoane e os fondos procedentes doutras doazóns e de intercambios.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión