Concello da Coruña

Concello da Coruña

Que garda o Cornide?

20 resultados

  • A Coruña nomeará Fillo Predilecto a Salvador de Madariaga

    Chegada de Madariaga

    O Instituto «José Cornide» de Estudos Coruñeses organizou un acto solemne no Salón de Sesións, para conmemorar o 50 aniversario do retorno da Salvador de Madariaga á súa cidade natal, un fito que puxo fin a 40 anos de exilio motivados pola ditadura franquista. Durante esta celebración, a alcaldesa da Coruña, Inés Rey García, anunciou a próxima concesión a título póstumo do recoñecemento de Fillo Predilecto da Coruña ao soado escritor e diplomático.

    O acto, que encheu por completo o salón municipal, replicando a histórica expectación de 1976, serviu para poñer en valor a vixencia do intelectual coruñés. A directora do Instituto, Ana Romero Masiá, destacou a enorme transcendencia do legado que o propio Madariaga cedeu a Coruña e que hoxe custodia o Instituto Cornide, un tesouro documental de incalculable valor, que permanece aberto á investigación internacional.

    Pola súa banda, o historiador Emilio Grandío Seoane, foi o encargado de contextualizar a relevancia histórica deste regreso, que coincidiu coa morte de Franco e o inicio da transición democrática, analizando o impacto e o significado profundo que supuxo o exilio político de toda unha xeración de intelectuais.

    A homenaxe completouse cunha excelente axenda artística e cultural: Presentouse un retrato inédito de Madariaga realizado polo recoñecido artista Siro López. poesía, coa lectura do poema Elegía a la muerte de Federico García Lorca, obra do propio Madariaga, interpretada por Santiago Fernández, coa interpretación á guitarra de Marcos Álvarez.

  • Madariaga regresa do exilio

    Chegada de Madariaga

    O 2 de xullo de 1976 Salvador de Madariaga e a súa esposa, Emilia Székley, regresan a Galicia despois de 40 anos de exilio.

    O gran polígrafo coruñés puido regresar á súa cidade natal (A Coruña), e nela puido celebrar os seus 90 aniversarios. O Instituto «José Cornide» celebrou con varios actos a presenza de quen tan xenerosamente doara ao Cornide o seu inmenso legado documental e fotográfico.

    O 23 de xullo, día do seu nacemento, a través dun solemne acto no Salón de Sesións do Concello da Coruña e, baixo a presidencia do alcalde nese momento, Manuel Liaño Flores, e do director do Instituto Cornide, Enrique Míguez Tapia, Madariaga foi nomeado presidente de Honra do Instituto e pronunciou un emotivo discurso no que lembraba a súa nenez na Coruña, a cidade que nunca esqueceu e á que sempre quixo volver.

  • Conmemoración do 50 aniversario do Urquiola

    Urquiola

    Ou 12 de maio de 1976 tivo lugar unha catástrofe de amplo impacto ambiental provocada polo petroleiro Urquiola. Ou barco fora construído en en Sestao (Biscaia) 1973 e transportaba 107.000 toneladas de cru desde Arabia Saudita á refinería dá Coruña. Cando enfilaba a entrada dá ría coruñesa, ou casco do buque chocou cunhas agullas rochosas do fondo do mar que non estaban ben indicadas nas cartas marítimas.

    Tras ou primeiro impacto, puxéronse en marcha as bombas para trasegar ou combustible do tanque danado e detivéronse as máquinas. Pouco despois, ou capitán do Urquiola recibiu a orde de saír inmediatamente pola mesma canle por onde entrase, manobra na que encallou definitivamente. Está probado que ou petroleiro tocou as dúas veces nas mesmas pedras do fondo dá baía derramando unhas 100.000 toneladas de cru que se estenderon por toda a costa coruñesa, ademais de provocar unha intensa nube tóxica resultante dous incendios. Aínda sen ter unha cuantificación exacta, ou impacto económico para a pesca e ou marisqueo dá zona foi moi elevado, tardándose anos en recuperarse.

    Para lembrar esta catástrofe e tamén para reflexionar sobre ou que significan accidentes deste tipo, ou Instituto «José Cornide» organizou unha exposición na rúa Compostela dá Coruña -inaugurada cando se cumprían exactamente 50 anos daquela catástrofe- na que se recollen vos principais verteduras que afectaron á costa galega entre 1917 e 2002 e que provocaron mareas negras e contaminantes.

  • O Instituto Cornide, pioneiro na reivindicación da obra de Marcial do Adalid

    Ilustración

    En 1966, a través dun artigo de Rodrigo A. de Santiago, publicado noºn . 2 da revista que edita o Instituto «José Cornide» de Estudos Coruñeses, este músico e compositor vasco, pero asentado en Coruña durante décadas, reivindicaba a figura de e Marcial del Adalid animaba a que se divulgase a través de actos en colaboración con diversas institucións existentes na época. Centraba a súa atención, neste caso concreto, en analizar e valorar a obra de Adalid para piano, destacando a súa valiosa achega á música no panorama español do romanticismo tardío.

    E continuando nesta liña de posta en valor e divulgación da obra de quen foi un dos máis destacados compositores galegos do sivlo XIX, este ano 2026, conmemorando o 200 aniversario do nacemento do compositor coruñes Marcial do Adalid, o Instituto «José Cornide» vén de organizar un concerto no que se interpretaron varios dos seus motetes con órgano e masa coral. Cumprimos así, dalgunha maneira, co desexo formulado hai 60 anos por Rodrigo A. de Santiago, un dos primeiros membros numerarios deste Instituto, a través da interpretación dunha parte da obra deste insigne compositor coruñés.

  • Domingo Quiroga Ríos e Industrias Pesqueiras

    Portada Revista Industrias Pesqueiras

    Dentro do vasto legado documental de Domingo Quiroga Ríos, destaca polo seu valor histórico e técnico a colección «Industrias Pesqueiras». Como subscritor histórico desta publicación -líder en España- e colaborador habitual, Quiroga non só preservou os seus exemplares, senón que deixou neles a súa propia pegada a través de numerosos estudos e informes especializados. Este arquivo converteuse, por tanto, nunha fonte imprescindible para comprender a evolución do sector pesqueiro.

    Fundada en Vigo en 1927 por iniciativa da Asociación Xeral de Industrias Pesqueiras e a proposta do seu presidente, José Barreiras Massó, a revista naceu co obxectivo de ser un referente técnico e o órgano oficial da Asociación. Baixo a dirección de Fernando de Miguel Rodríguez, os seus primeiros números contaron con ilustracións de artistas da talla de Castelao e Maside. Grazas á súa calidade, a publicación mantívose ata a actualidade, consolidándose como unha consulta esencial para os estudiosos da historia da pesca en Galicia.

ver máis

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión