Concello da Coruña

Concello da Coruña

Fortunato Carreras Trigo, vítima da ditadura

Carteira de Fortunato Carreras Trigo

En xullo de 2019 o Instituto «José Cornide» de Estudios Coruñeses recibiu un pequeno fondo de documentación persoal que pertenceu a unha vítima da persecución e da violencia por razóns políticas e ideolóxicas: o oficial radiotelegrafista Fortunato Carreras Trigo. Era un militante de Esquerda Republicana que en xullo de 1936 exercía de xefe da Estación Costeira na Coruña. Pouco despois foi detido, encarcerado, xulgado en consello de guerra e sentenciado a morte. Estando no cárcere, co pretexto de que intentaba fuxir tras ferir a un oficial de prisións, foi acaravillado a balazos o 21 de novembro de 1936.

Entre os obxectos que levaba entre a súa roupa, estaba esta carteira que gardaba o seu carné de identidade, obxecto que conservou a súa familia e que o Instituto garda como memoria dunha vítima nunha época de intransixencia e barbarie.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión