
En xullo de 2019 o Instituto «José Cornide» de Estudios Coruñeses recibiu un pequeno fondo de documentación persoal que pertenceu a unha vítima da persecución e da violencia por razóns políticas e ideolóxicas: o oficial radiotelegrafista Fortunato Carreras Trigo. Era un militante de Esquerda Republicana que en xullo de 1936 exercía de xefe da Estación Costeira na Coruña. Pouco despois foi detido, encarcerado, xulgado en consello de guerra e sentenciado a morte. Estando no cárcere, co pretexto de que intentaba fuxir tras ferir a un oficial de prisións, foi acaravillado a balazos o 21 de novembro de 1936.
Entre os obxectos que levaba entre a súa roupa, estaba esta carteira que gardaba o seu carné de identidade, obxecto que conservou a súa familia e que o Instituto garda como memoria dunha vítima nunha época de intransixencia e barbarie.
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible