Concello da Coruña

Concello da Coruña

Que garda o Cornide?

14 resultados

  • Una dedicatoria de Ernst Haeckel, el campeón del darwinismo en Europa

    Die Perigenesis der Plastidule oder die Wellenzeugrung der Lebenstheilchen

    Na biblioteca científica de Seoane, custodiada no Instituto «José Cornide» de Estudos Coruñeses, figura o folleto do sobranceiro científico alemán de Ernst Haeckel (Postdam, 1834-Jena, 1919) que leva por título Die Perigenesis der Plastidule oder die Wellenzengung der Lebenstheilchen (A perixénese dos plastídulos ou a formación de ondas das partículas vitais), editada en Berlín  en 1876 por Georg Reimer. A «perixénese dos plastídulos» foi unha teoría da herdanza que postulaba que os «plastidulos» (moléculas do protoplasma celular) transmiten a información xenética. 

    O folleto leva a seguinte dedicatoria:

    Herr

    Victor Lopez Seoane

    (La Corogne, Espagne)

    hochachtungsvoll (saúdao atentamente)

    Ernst Haeckel

    Probablemente era a resposta a unha carta que Víctor López Seoane remitiu ao seu colega o 20 de maio de 1877, coa que lle enviaba un exemplar dunha publicación súa, a Reseña de la Historia Natural de Galicia, sinalando que era  como «tributo de profundo respecto a un sabio  que admiro con entusiasmo».

    Documentos:

    Artículo sobre la conexión VLS - EH (275 KB)

  • A carta que Charles Darwin enviou a Vítor López Seoane

    Carta Charles Darwin

    O 19 de decembro de 1881 Seoane enviou unha carta en francés ao célebre científico inglés Charles Darwin. O galego identificábase coa revolucionaria teoría do ilustre colega e realizaba a este un par de consultas relacionadas co seu labor científico. A contestación de Darwin foi inmediata, o  27 de decembro dese mesmo ano respondeulle cunha carta, un valioso documento que custodia o Instituto «José Cornide» de Estudios Coruñeses.

    Cómpre subliñar que esa carta é a única dirixida polo naturalista inglés a un colega español tratando de cuestións científicas. A segunda circunstancia extraordinaria do escrito ten que ver con que Darwin estaba no período final da súa vida morrería o 19 abril do seguinte ano polo que a posibilidade de recibir unha carta del estaba a ser ben reducida.

    O científico inglés, no seu escrito, deu resposta ás preguntas de Vítor López Seoane sobre o desenvolvemento embriolóxico e «a maneira de facer as especies».

  • 84 cartas de Domingo Quiroga Ríos a Ana María Alvajar López

    Carta

    Ou 16 de xuño de 2023, Juan Luís Pérez Alvajar fixo entrega ao Instituto «José Cornide» de Estudos Coruñeses -para a súa custodia, estudo e conservación- de 84 cartas de Domingo Antonio Quiroga Ríos dirixidas a Ana María Alvajar López.

    Esta correspondencia estaba en posesión do doante por ser fillo de Ana María Alvajar López, afillada de Quiroga Ríos, dúas persoas vinculadas familiar e ideoloxicamente, ademais de con moitos elementos de coincidencia na súa traxectoria vital. Ana María era filla de César Alvajar Diéguez e Amparo López Jean, un matrimonio que destacou na Coruña pola defensa dous ideais republicanos, situación que lles ocasionou un prolongado exilio.

    Este interesante conxunto epistolar abrangue desde ou 10 de marzo de 1960 ao 1 de decembro de 1986 distribuídas ao longo deses anos con diferente regularidade. A primeira, de 1960 é única, non ten continuidade, reaparecendo a correspondencia en 1971. Nesta década apréciase unha gran regularidade, non faltando exemplares en ningúns dous anos dá década de 1970 polo que a este conxunto corresponde ou 83,3% do total con 72 cartas. Por esta razón e tamén ou período que mellor permite mergullarse na relación entre Antonio Domingo e a súa afillada Ana María. A partir de 1980 diminúe ou número de cartas e mesmo faltan nalgúns anos (1983, 1984 e 1985) para volver en 1986 con tres cartas nas que ou tema central versa arredor dous temas dá saúde de Domingo.

  • Madariaga, libretista de óperas

    Folleto e representación de Numance

    Entre as múltiples facetas de actividade de Salvador de Madariaga está a de escribir textos que servisen de libreto para óperas. Para iso, púxose en contacto con diferentes músicos para que compuxesen a partitura da obra.

    Hoxe traemos o exemplo de Numance , traxedia lírica que Madariaga escribiu sobre a obra de Cervantes, inspirada na derrota da poboación celtibérica durante as guerras de conquista da república romana (s.II a.C.).

    O compositor francés Henry Barraud, escribiu a música e a obra foi representada o 15 de abril de 1955 no Teatro Nacional de Ópera de Paris, que anunciaba así a estrea: «Numance. Ópera de Henry Barraud sur un poème dramatique de Salvador de Madariga d'après Cervantes».

    A obra contextualiza o eterno problema da liberdade, as guerras, os vencedores e os vencidos e da dignidade con que estes últimos poden afrontar a derrota, aspectos tratados nun perfecto equilibrio entre o puro dramatismo da tráxica situación e o lirismo conseguido especialmente grazas ao papel que a música outorga ás voces femininas. O pobo de Numancia é o personaxe central do drama, pero cada un dos seus individuos asume o seu destino particular, todo iso reforzado pola presenza de figuras alegóricas como a guerra ou a peste.

    Despois da estrea, a prensa fíxose eco do acontecemento con elogiosos comentarios -tanto da música como do libreto- que moito deberon compracer a Madariaga.

  • A Coruña recibe a visita do príncipe Alberto I de Mónaco no verán de 1909

    Foto da visita de Alberto I de Mónaco á Coruña

    Na colección documental Luis Mayor Moreno, que conserva o Instituto «José Cornide» de Estudios Coruñeses, figura esta fotografía na que Alberto Grimaldi -destacado, no centro- posa acompañado de personalidades coruñesas relacionadas co mundo da Oceanografía, disciplina na que o príncipe desenvolveu unha actividade decisiva.

    O príncipe de Mónaco chegara ao porto da Coruña a bordo do seu barco Princesse Alice o mércores 28 de xullo, co obxectivo de tomar contacto coa primeira institución creada en Galicia para o estudo do mar: o Sub-Comité coruñés da Sociedad de Oceanografía del Golfo de Gascuña. Os responsables desta entidade, con actividade entre 1906 e 1918, foron os principais interlocutores e acompañantes do príncipe.

    Albert Grimaldi recibiu ao consello directivo do Sub-Comité no Princesse Alice e ensinou o barco e os diferentes instrumentos de exploración oceanográfica de que estaba dotado, o laboratorio e o museo. A entidade coruñesa recibiu, como agasallo do príncipe, varios instrumentos e libros e recibiu dela a oferta, que aceptou, do nomeamento de presidente de honor e un exemplar dun singular peixe -Chlamydoselachus anguineus, tiburón anguía- e dous frascos con moluscos orixinarios das nosas costas.

    Nos días seguintes, o príncipe e os seus acompañantes visitaron a Torre de Hércules, foron a Santiago, onde visitaron a catedral e a Exposición Rexional, celebraron varios banquetes e ata asistiron a unha corrida de touros. Nunha das visitas foron agasallados polo matrimonio Pardo Bazán-Quiroga nas torres de Meirás.

    Non era a primeira vez que Alberto I se achegaba ás costas galegas. Xa no verán de 1886 acudiu co Hirondelle a Ferrol e A Coruña, interesado no estudo da bioloxía da sardiña. E co Princesse Alice pasara en distintas campañas de exploración mariña en 1894 pola cidade herculina. Albert Grimaldi era unha figura destacada do mundo científico, especialmente na Oceanografía, e as expedicións mariñas que dirixiu desde 1885 constituíron unha importante contribución a esta nova ciencia. En 1910 creou o Museo Oceanográfico en Mónaco e en 1911 o Instituto Oceanográfico (París). En España tivo unha destacada participación na creación do Instituto Español de Oceanografía en 1914.

ver máis

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión