Espectáculo baseado no libro-cd “Monstros con ou sen consentimento”, editado na colección Sonárbore da editorial Galaxia e con ilustracións de Manel Cráneo
Familias, Infancia
15/03/2022
Ya ha finalizado
Desde el 11/03/2022 hasta el 15/03/2022
A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas entre 3 e 6 anos, acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o.
Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas.
17.00 horas
40 min aprox.
Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña
15
De balde e con inscrición previa
Espectáculo de música en directo en formato acústico (non a banda completa) para nos adaptarmos a unha aula. A ritmo de rock e para toda a familia, letras que falan dos nosos medos e superacións. Unha boa colección de monstros para non deixar de bailar, rir e cantar.
A actividade desenvolverase na aula 8 do Centro Ágora e haberá dous pases: ás 17.00 e ás 18.30 horas. Por mor das restricións pola situación sanitaria a cada pase só poderán asistir 15 familias (crianza + persoa adulta).
Organiza Normalización Lingüística do Concello da Coruña dentro do programa Apego.
REQUISITOS POLA SITUACIÓN SANITARIA:
Algunas actividades precisan inscripción a través de una herramienta web.
Si no sabes cómo inscribirte, el CMIX te lo explica en esta página.
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible