Teatro para público familiar
Familias, Infancia, Para público en general
04/06/2024
Ya ha finalizado
Desde el 31/05/2024 hasta el 04/06/2024
A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 3 a 6 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o.
Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas.
Pídese puntualidade. Non se permitirá acceder ao auditorio unha vez que comece o espectáculo.
17.00 horas
50 min aprox.
Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña
35 crianzas por sesión
De balde e con inscrición previa
Presentación na nosa cidade do novo espectáculo da compañía.
Coa misión de difundir a defensa do medio ambiente, "Confi, o golfiño Manoliño" é un espectáculo de teatro-documento que narra os feitos reais da loita pola supervivencia do arroaz que frecuenta as praias da ría de Muros e Noia, ofrecendo unha visión ampla do tema e concienciando sobre a importancia do coidado do medio mariño e da vida salvaxe.
Traballo actoral, monicreques e proxeccións para mentalizármonos e sensibilizármonos.
A actividade desenvolverase no escenario do auditorio do Centro Ágora.
Pídese puntualidade. Non se permitirá acceder ao auditorio unha vez que comece o espectáculo.
Organiza Normalización Lingüística do Concello da Coruña dentro do programa Apego.
Algunas actividades precisan inscripción a través de una herramienta web.
Si no sabes cómo inscribirte, el CMIX te lo explica en esta página.
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible