EXTRA! é un espectáculo baseado no libro-cd “Extra!” editado por Kalandraka Editora, no que se combinan cancións e interpretacións cos rexistros máis divertidos.
Familias, Infancia
19/01/2022
Ya ha finalizado
Desde el 14/01/2022 hasta el 19/01/2022
A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas entre 4 e 6 anos, acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o.
Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas.
17.00 horas
50 min aprox.
Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña
15
De balde e con inscrición previa
Chega o último traballo, un "xornal musical", que Paco Nogueiras (Premio Martín Códax da música infantil) ideou para compartir con todas e todos vós. En EXTRA! os temas dispóñense en distintas seccións onde cada composición aborda noticias nacionais e internacionais, sucesos, información social, cultural e divulgativa, deportes, opinión, pasatempos e ata unha axenda de actividades.
EXTRA! convídate a conectar co mundo e transformar a realidade en canción. Quen dixo que non se poden cantar as noticias? E bailalas? En EXTRA! pódese. E cantos/as máis sexamos, moito mellor. Melodías e ritmos modernos, pegadizos e bailables que convidan á participación do público. EXTRA! é alegría, diversión, imaxinación e información.
A actividade desenvolverase na aula 8 do Centro Ágora e haberá dous pases: ás 17.00 e ás 18.30 horas. Por mor das restricións pola situación sanitaria a cada pase só poderán asistir 15 familias (crianza + persoa adulta).
Organiza Normalización Lingüística do Concello da Coruña dentro do programa Apego.
REQUISITOS POLA SITUACIÓN SANITARIA:
Algunas actividades precisan inscripción a través de una herramienta web.
Si no sabes cómo inscribirte, el CMIX te lo explica en esta página.
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible