O concerto “De aquí para alá” é unha proposta musical e teatral para público infantil e familiar interpretada por músicos profesionais coordinados por Lydia Botana, autora e directora deste espectáculo do que en novembro do 2015 saíu o libro-disco coas cancións e a historia pola que xira este concerto editado por Edicións do Cumio.
Público familiar
Infancia, Para público en general
02/01/2019
Ya ha finalizado
Desde el 26/12/2018 hasta el 02/01/2019
Primeiro pase: 17.00 horas
Segundo pase: 19.00 horas
Gratuíta con inscrición previa en ticketea.
Servizo de Normalización Lingüística
Centro Ágora. Lugar da Gramela 17. 15010
Teléfono: 981 18 42 00 ext. 34311 / 34310
Correo electrónico: lingua@coruna.es
DE AQUÍ PARA ALÁ é un proxecto de música infantil no que viaxamos arredor do mundo aprendendo, escoitando, bailando e cantando as músicas de cada lugar facendo partícipe ao público que nos acompañe na procura de novos sons!
O formato do concerto consta dunha posta en escena musical formada por unha instrumentación variada: dende o piano, a batería, o acordeón, os bongoes, campás, ... Contamos con instrumentos típicos de cada lugar polo que iremos pasando coma a kalimba, o didgeridoo, as cunchas... xunto cun variado set de pequena percusión que abrangue dende pandeiretas, pao de choiva... e unha morea de cacharradas que espertarán a curiosidade das nenas e nenos asistentes a este concerto.
Existe o formato completo de concerto didáctico e tamén o formato máis reducido en versión "Canta-contos" sobre este proxecto para bibliotecas, escolas ou espazos reducidos.
A través da música contaremos a historia dunha bolboreta que remata a súa metamorfose co son dos instrumentos musicais. Embarcarémonos nunha viaxe musical arredor do mundo pasando por Brasil, Cuba, Xamaica, os Balcáns, Estados Unidos, Galicia e lugares máxicos por descubrir.
Cantaremos co público o retrouso que nos levará ao seguinte lugar transportando unha mesma melodía por xéneros musicais coma a bossa-nova, o rap, o son cubano, o reggae, o ska...
Unha divertida aventura na que descubriremos paisaxes sonoras distintas desfrutando e aprendendo ao mesmo tempo.
Haberá dous pases, un ás 17 e outro ás 19.00 horas.
Para asisitir ao evento, é necesario que todas as persoas se inscriban, tanto as crianzas como as persoas que as acompañen.
As entradas estarán dispoñíbeis a partir das 10.00 horas do mércores 26 de decembro.
Entidades
Algunas actividades precisan inscripción a través de una herramienta web.
Si no sabes cómo inscribirte, el CMIX te lo explica en esta página.
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible