Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

"A ruta de Ulises Fingal, as pedras percebeiras da contorna da Torre de Hércules", andaina guiada A Coruña das Letras, con Xurxo Souto

Andaina guiada por un barrio da cidade coas letras como protagonistas

¿A quién va dirigido?:

Maiores de 16 anos

A quién va dirigido:

Para público en general

Cuándo:

09/05/2026

Inscripciones:

Desde el 04/05/2026 hasta el 08/05/2026

As inscricións faranse a través do correo inscricionslingua@coruna.gal dende o luns anterior a cada unha das andainas, ata que se esgoten as prazas (55).

Horario:

11.30 horas 

Duración:

1.30 h aprox.

Dirección:

A Coruña

Número de plazas:

55

Precio:

De balde e con inscrición previa

Requisitos:

É necesaria a inscrición confirmada a través do correo electrónico inscricionslingua@coruna.gal, onde deberá constar o/s nome/s e apelidos da/s persoa/s inscritas e un teléfono de contacto. 

Organiza:

Normalización Lingüística do Concello da Coruña

A Coruña das Letras é a actividade organizada por Normalización Lingüística do Concello da Coruña, dentro do programa de fomento da lingua galega entre a poboación en xeral.

Co fin de traballarmos a lingua, a cultura e a literatura galegas na nosa cidade, e achegándonos a distintos barrios, realizaremos unhas andainas guiadas pola Coruña máis descoñecida da man do coñecido músico e escritor Xurxo Souto (sobre todo pola súa etapa no mítico grupo coruñés Os Diplomáticos de Monte Alto). 

Aprenderemos máis da toponimia tradicional da cidade, da literatura que habitou nos diferentes barrios que visitaremos e tamén da importancia da lingua nos seus diferentes contextos. 

O calendario será o seguinte: sábado 9 de maio, ás 11.30 h (inscrición dende o luns 4) "A ruta de Ulises Fingal, as pedras percebeiras da contorna da Torre de Hércules" 

O Grelle, Rabaleira, o Xanrei... Din os aborixes australianos que cada camiño é unha canción. A Torre de Hércules ten moitas melodías. A letra é ben eufónica, Gaivouteiro, o Cabalo, Macallás - nomes das pedras percebeiras-, a música: o océano todo. 

Estaban diante de nós mais non as sabiamos ver. Grazas a Milucho Mariñas descubrimos onde ficaban o Grelle, a Longuiña e o mais o Altar.

Este sabio percebeiro, nado na Agra de Santo Amaro, coñecía as pedras de percebe todas dende Avilés ata Corrubedo. Finou hai uns anos pero vive en nós a súa palabra; cada vez que pronunciamos: Pragueiras, Rabaleira, Sogadoiro, volven vibrar as rochas e a contorna enteira da Torre ilumínase co esplendor das cousas do mar.

O pintor submarino Urbano Lugrís adoitaba asinar como Ulises Fingal os seus escritos literarios. Nel condénsase a tradición clásica das viaxes -Ulises- cos soños célticos todos, representados por Fingal, heroe dos poemas de Ossian. Por iso a ruta de Milucho Mariñas tamén leva este nome. Fin do mundo para a tradición clásica: Torre de Hércules. Tamén Torre de Breogán, atlántica atalaia para albiscar Irlanda.

INFORMACIÓN XERAL QUE CÓMPRE TER EN CONTA:

- As inscricións faranse exclusivamente a través do correo inscricionslingua@coruna.gal dende o luns anterior a cada unha das andainas, ata que se esgoten as prazas (55). Precísase que se faciliten o nome e os apelidos e un teléfono de contacto.

- A duración é de, aproximadamente, unha hora e media. O lugar de saída para comezar a andaina comunicarase no correo de confirmación da inscrición.

- A actividade diríxese a maiores de 16 anos.

Buscador de actividades

Escribe la palabra o palabras por la/s que deseas buscar en nuestras actividades

También puedes revisar nuestra agenda de actividades

Próximas inscripciones

  • “Ler para crer”, de Joshua Kenneth, ás 17.00 h

    Cuándo:

    28/04/2026

    Horario:

    17.00 horas

    Inscripciones:

    Desde el 24/04/2026 hasta el 28/04/2026

    A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 4 a 6 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o. 

    Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas. 

    Pídese puntualidade. 

    Dirección:

    Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

  • “Ler para crer”, de Joshua Kenneth, ás 18.30 h

    Cuándo:

    28/04/2026

    Horario:

    18.30 horas 

    Inscripciones:

    Desde el 24/04/2026 hasta el 28/04/2026

    A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 4 a 6 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o. 

    Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas. 

    Pídese puntualidade. 

    Dirección:

    Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

  • “Lingoreteira!”, de Xarope Tulú, ás 17.00 h (auditorio)

    Cuándo:

    05/05/2026

    Horario:

    17.00 h

    Inscripciones:

    Desde el 01/05/2026 hasta el 05/05/2026

    A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 3 a 6 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o. 

    Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas.

    Pídese puntualidade. Non se permitirá acceder ao auditorio unha vez que comece o espectáculo.

    Dirección:

    Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

Próximas inscripciones

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión