Espectáculo para nenas e nenos de 3 a 6 anos
Familias, Infancia
20/12/2022
Ya ha finalizado
Desde el 16/12/2022 hasta el 20/12/2022
A inscrición comezará o venres 16 ás 10.00 h a través desta web.
A actividade está dirixida a crianzas de 3 a 6 anos acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o.
Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas. Pídese puntualidade.
Pase das 18.30 h.
45 min aprox.
Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña
40 crianzas por sesión
De balde e con inscrición previa
O espectáculo teatral "A visita do Apalpador", trata de achegar ás familias e nenas e nenos esta figura mítica do Nadal galego.
Este non é ano de froito, que hai moita seca. Como fará o Apalpador para conseguir castañas para repartir no Nadal? Neste espectáculo cóntase, dun xeito disparatado e divertido, a historia do Apalpador e a súa axudante, Trasniña. Nenas e nenos aprenderán a soutar e cantarán as cancións tradicionais sobre o personaxe, coa axuda do libro "O Apalpador" do escritor e actor Carlos Labraña.
Unha proposta de lecer en familia para nenos e nenas de 3 a 6 anos.
A actividade desenvolverase na aula 8 do Centro Ágora e haberá dous pases para os que se haberá que inscribir previamente en https://www.coruna.gal/lingua/gl/axenda/proximas-inscricions.
A cada pase só poderán asistir 40 familias (crianza + persoa adulta). Pídese puntualidade.
Organiza Normalización Lingüística do Concello da Coruña dentro do programa Apego.
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible