O Departamento de Normalización Lingüística do Concello da Coruña levou a cabo na segunda metade do ano unha morea de actividades para todos os públicos.
1. Programa Apego
https://www.coruna.gal/lingua/gl/dinamizacion/apego
Normalización Lingüística do Concello da Coruña organizou, de setembro a decembro, as seguintes actividades para familias con crianzas de 0 a 6 anos no Centro Ágora:
-
"Palabras", de Baobab Teatro (auditorio)
(1-3 anos). Oralidade tradicional, teatro e música nun mesmo espectáculo. Xogos de repetición, contacontos, cancións e enredos.
-
"Estrafalaria", de Xarope Tulú
(+3 anos). Espectáculo participativo que combina a narración oral coa manipulación de obxectos para falarnos da diversidade e da liberdade.
-
"Manual para deitarse", de Caxoto
(-3 anos). Contos cheos de aventuras que axudan a ir para a cama de boa gana.
-
"Cacho animalada", de Vero Rilo e Luis Iglesias
(+3 anos). Narración oral e música en directo para contar e cantar coas feras que levamos dentro.
-
"Concertiño para peques", de Félix Arias
(-3 anos). Cancións didácticas en directo para a primeira infancia con suaves melodías.
-
"Luppo", de Baobab Teatro (auditorio)
(4-6 anos). Unha obra que fala do ciclo da vida e da relevancia das experiencias das nosas persoas maiores na infancia.
-
"Nanocontos", de Raquel Queizás
(-3 anos). Coñecemos as divertidas historias de Nano, unha ra moi simpática.
-
"Contos debuxados, debuxos contados", de Caxoto (con Marc Taeger)
(+3 anos). Mestura de contadas e pintura en directo coa participación imprevisible das familias.
-
"Pelica de burra", de Vero Rilo e Luis Iglesias
(-3 anos). A nosa protagonista aterra nun futuro sen xogos, sen contos, sen música... nun futuro terrible.
-
"Maruxiña", de Laura Sarasola (auditorio)
(+3 anos). Adaptación teatral do conto de Andersen "Polgariña", mais baixo unha nova óptica máis cómica e musical.
-
"Tinta do mar, pequena biografía de Luísa Villalta", de Polo correo do vento
(+3 anos). Conto, ukelele e ilustración sobre o libro que a compañía fixo arredor da escritora coruñesa celebrada este ano polo Día das Letras Galegas.
2. AgoraSón
-
Mercedes Peón no AgoraSón de outono
en concerto, acompañada polos grupos de pandeireteiras Raigañas, Xirifeiras, por voces líricas de ConcertoTempo, polo dúo Caamaño&Ameixeiras, Mónica de Nut e Ana Fernández, e o apoio audiovisual de Laura Iturralde. A cabalo do acústico e da electrónica, un concertazo co gallo do Día das Letras Galegas e para promover a lectura en lingua galega e o préstamo de material audiovisual, a través das bibliotecas municipais.
3. A Coruña das Letras