15 de noviembre de 2022
As alumnas é un espectáculo teatral dirixido por Fina Calleja sobre un texto de Paula Carballeira.
Dirixido a un público adulto, trata sobre a figura da pedagoga galega María Barbeito e sobre como o franquismo significou un enorme retroceso na educación do Estado, especialmente para as mulleres. A educación, peza fundamental no desenvolvemento e na liberdade das persoas, especialmente das mulleres, é o eixe fundamental da obra. As dúas personaxes femininas representan dous casos concretos de mulleres no marco histórico anterior e posterior á Guerra Civil, que nos levan a tocar as transformacións sociais do momento. As alumnas busca facer un exercicio de reapropiación da realidade colectiva e individual, que se opoña ao relato hexemónico, para reconstruír a memoria e espazos imaxinarios da nosa comunidade, creándose así un acto ético/estético que se complementa coa participación de persoas espectadoras activas.
Un espectáculo sobre xustiza social, memoria histórica, igualdade e resiliencia. Un fermoso artefacto escénico creado por Paula Carballeira e dirixido por Fina Calleja. As actrices Mónica Camaño e Anabell Gago atópanse no pasamento da súa mestra, María Barbeito, e conducénnos por unha senda emocional que arrinca desde que se coñecen na escola antes da Guerra Civil ata os anos 70.
A obra terá lugar no auditorio do Centro sociocultural Ágora o día 30 de novembro ás 21.00 horas e terá unha duración de aproximadamente 75 minutos. A asistencia será de balde, con entrada libre ata completar a capacidade e seguiranse en todo o momento as instrucións do persoal organizador.
Programa de dinamización lingüística FalaRedes da Secretaría Xeral de Política Lingüística.
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible