Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Bebescena Primavera 2026

Esta tempada de primavera propoñemos un paseo pola imaxinación que invita a gozar da maxia dos primeiros encontros coa arte.

A quién va dirigido:

Para público en general

Cuándo:

Desde el 22/02/2026 hasta el 31/05/2026

As entradas sairán á venda o venres anterior á realización de cada función, a través das canles habituais.

Horario:

11:30 e 13:00 h

Precio:

ENTRADAS

  • Entrada xeral: 6,00 €
  • Abono familiar (3 entradas para a mesma función): 15,00 €
  • Menores de 3 anos: 2,00 €

Requisitos:

ACCESO ÁS FUNCIÓNS

  • Pídese puntualidade. Non se permitirá acceder unha vez que comece a función.
  • Todas as persoas deben acceder con entrada, incluídos/as bebés.
  • Non se permite comida nin bebida (excepto auga)
  • Non está permitido sacar fotos nin gravar durante a función.
  • Capacidade reducida, formato íntimo.

Contacto:

agora@coruna.gal

Entramos no fondo do mar con Babili Glub (Galitoon), onde a calma das augas se rompe coa aparición dun peixiño moi especial e as súas curiosas aventuras estimulan os sentidos e a imaxinación.

Subimos ás alturas coa poesía de Y las ideas vuelan (Animal Religion), deixando que as ideas medren, se transformen e se entrelacen co movemento, a música e o xogo.

Percorremos os ritmos da terra con Pachamamá (Cachirulo Teatro), que esperta en primavera con flores e seres voadores, viaxa polo calor do verán, vístese de festa no outono e adormece baixo a neve do inverno.

E finalmente, deixámonos levar polo vento de Loo (Ponte en Pie), que move teas, obxectos e emocións, sorprendendo e envolvendo a quen o mira.

Catro mundos que se abren nunha viaxe de movemento, cor e son, e transforman o teatro nun espazo de encontro, sorpresa e descubrimento para bebés e acompañantes.

  • Domingo, 22 de febreiro

Babili Glub 

  • Domingo, 15 de marzo

Y las ideas vuelan

  • Domingo, 12 de abril

 Pachamamá

  • Domingo, 31 de maio

 Loo - Ponten Pie

VENDA DE BILLETES

  • En liña: Ataquilla.com 
  • Despacho da praza de Ourense (de luns a venres, horarios habituais)
  • Despacho do Ágora: dende 1 hora antes do inicio da función, se quedan entradas dispoñibles.

Buscador de actividades

Escribe la palabra o palabras por la/s que deseas buscar en nuestras actividades

También puedes revisar nuestra agenda de actividades

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión