Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

10 de septiembre de 2019

As familias con crianzas de 0 a 6 anos poderán desfrutar dunha morea de actividades o vindeiro 21 de setembro no Centro Ágora.

Benvida ao outono co Día do Apego!

As crianzas de até os seis anos teñen unha cita para despediren o verán por todo o alto.

O Servizo de Normalización Lingüística do Concello da Coruña organiza o Día do Apego, que se desenvolverá o vindeiro sábado 21 de setembro, de 10.30 a 13.30 h e de 16.00 a 19.30 h, no Centro Ágora.

Con el, o Concello da Coruña quérelles agradecer a todas as familias a súa pertenza ao programa Apego, unha iniciativa de 30 concellos galegos que xa conta co Premio Rosalía de Castro ou o Premio da Cultura Galega, entre outros, e convidar outras novas a se sumaren a este proxecto colectivo que procura fomentar e mellorar a transmisión do galego como lingua inicial, de construír o futuro desde as raíces e a lingua propia.

Todas as actividades neste Día do Apego son gratuítas e van desde os espazos de entrada libre até os eventos que requiren a inscrición previa. Para estas últimas, terán preferencia as familias que forman parte do programa no noso concello; para elas, abrirase o prazo o xoves 12 de setembro, ás 10.00 h, e o martes 17 abrirase ao público en xeral, se quedaren prazas.

Programa de actividades

Pola mañá, ás 10.30 h, abriranse os diferentes espazos de entrada libre que, durante a xornada, estarán ao dispor das familias: o espazo de xogo libre Terra (de 10.30 a 13.30 h), o espazo de xogos de mesa Brazolinda (de 10.30 a 13.30 h e de 16.00 a 18.00 h) e a mostra comentada de recursos en galego Ali.gal (de 10.30 a 13.30 h e de 16.00 a 18.30 h).

Asemade, iranse ofrecendo as diferentes actividades (que requiren inscrición previa) ao longo da mañá e da tarde:

Na nosa axenda pódense consultar as condicións de cada unha das actividades, así como o xeito de inscrición nas que así o requiran.

Dirección:

Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

Documentos:

Programa do Día do Apego (562 KB)

Buscador de actividades

Escribe la palabra o palabras por la/s que deseas buscar en nuestras actividades

También puedes revisar nuestra agenda de actividades

Próximas inscripciones

  • “Son animal”, de Paco Nogueiras, ás 17.00 h

    Cuándo:

    07/05/2024

    Horario:

    17.00 horas 

    Inscripciones:

    Desde el 03/05/2024 hasta el 07/05/2024

    A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 3 a 6 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o. 

    Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas. Pídese puntualidade.

    Dirección:

    Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

  • “Son animal”, de Paco Nogueiras, ás 18.30 h

    Cuándo:

    07/05/2024

    Horario:

    18.30 horas 

    Inscripciones:

    Desde el 03/05/2024 hasta el 07/05/2024

    A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 3 a 6 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o. 

    Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas. Pídese puntualidade.

    Dirección:

    Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

  • "Un conto ao revés", de Chuches Amil, ás 17.00 h

    Cuándo:

    14/05/2024

    Horario:

    17.00 horas 

    Inscripciones:

    Desde el 10/05/2024 hasta el 14/05/2024

    A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 3 a 6 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o. 

    Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas. Pídese puntualidade.

    Dirección:

    Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

Próximas inscripciones

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión