As cancións máis cantareiras
Familias, Infancia, Para público en general
20/02/2024
Ya ha finalizado
16/02/2024
A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 3 a 6 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o.
Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas. Pídese puntualidade.
17.00 horas
55 min aprox.
Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña
35 crianzas por sesión
De balde e con inscrición previa
Un espectáculo polas cancións dos traballos Brinca Vai, Radio Bulebule e Extra. Acompañado dos seus instrumentos, o recoñecido e premiado Paco Nogueiras fará un percorrido por un amplo abano de estilos musicais, dende o techno ao rock, pasando polo reggae ou a música electrónica, aínda que sen esquecer as influencias tradicionais.
Neste "Grandes éxitos" hai retrousos e cancións para participar activamente, bailando sen complexos, acompañando coa voz, coas palmas ou con acenos. Sacaremos a nosa lingua a voar de xeito divertido.
"C@nto contigo" viaxará alí onde alguén queira cantar, rir, bailar ou simplemente escoitar coas mans e as orellas ben abertas! Así que... colle aire, saca o teu mellor sorriso e... cantemos!
A actividade desenvolverase na aula 8 do Centro Ágora.
Pídese puntualidade.
Organiza Normalización Lingüística do Concello da Coruña dentro do programa Apego.
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible