Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

15 de julio de 2026

Festa do Apego 2026

Non perdas o vindeiro venres 28 de agosto a Festa do Apego!

As familias con crianzas teñen unha cita no verán. O Servizo de Normalización Lingüística do Concello da Coruña organiza a Festa do Apego, que se celebrará o vindeiro venres 28 de agosto, ás 17.00 hno Campo da Leña.

O Concello da Coruña quérelles agradecer a todas as familias a súa pertenza ao programa Apego e convidar outras novas a se sumaren a esta iniciativa que pretende axudar á socialización en galego e á transmisión interxeracional da nosa lingua.

A asistencia será gratuíta e sen necesidade de inscrición!!

Haberá dúas actuacións musicais:

  • Ás 17.00 h, concerto "Cantaxoga", de Migallas (duración aprox. 50 min)
  • A continuación, foliada con Pablo Díaz e Olga Kirk (duración aprox. 50 min)

Teremos tamén un espazo de información do Programa Apego. Agardámosvos!

Cantaxoga é un espectáculo de teatro e música onde María Campos e Carlos Yus interpretan cancións dos discos "Canta connosco!" e "Pan de millo" acompañados por unha sorprendente banda (a música e os coros están gravados pero as voces solistas son ao vivo) e realizan sktechs cómicos relacionados cos contidos das cancións.

Entre outros obxectivos, este espectáculo ten como finalidade demostrar que na lingua galega, ademais da música tradicional, teñen cabida todos os estilos e tendencias musicais: rock, cumbia, rap, reggae, pasodobre, rumba, fusión étnica...

Pablo Díaz e Olga Kirk ofrecerán todo o seu bo facer dentro da música tradicional, adaptando unha foliada para maiores e crianzas. Avalados por anos dentro do circuíto da música tradicional galega, farán gozar a grandes e pequenos. 

Dirección:

Plaza de España. Plaza España.

Buscador de actividades

Escribe la palabra o palabras por la/s que deseas buscar en nuestras actividades

También puedes revisar nuestra agenda de actividades

Próximas inscripciones

  • "Festa de letras", de Iria Pinheiro, ás 17.00 h

    Cuándo:

    29/09/2026

    Horario:

    17.00 horas

    Inscripciones:

    Desde el 25/09/2026 hasta el 29/09/2026

    A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 3 a 6 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o. 

    Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas. 

    Pídese puntualidade. 

    Dirección:

    Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

  • "Festa de letras", de Iria Pinheiro, ás 18.30 h

    Cuándo:

    29/09/2026

    Horario:

    18.30 horas 

    Inscripciones:

    Desde el 25/09/2026 hasta el 29/09/2026

    A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 3 a 6 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o. 

    Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas. 

    Pídese puntualidade. 

    Dirección:

    Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

Próximas inscripciones

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión