Con motivo do Día das Letras Galegas e para promover a lectura en lingua galega, o Servizo de Normalización Lingüística do Concello da Coruña organiza o AgoraSón 2022, con Luar na lubre en concerto.
Cidadanía en xeral
Para público en general
21/05/2022
Ya ha finalizado
Desde el 16/05/2022 hasta el 20/05/2022
Dende o luns 16 de maio, entregaranse un máximo de dous convites por carné de socia/o das Bibliotecas Municipais da Coruña (até esgotárense) ao coller libros ou outro material en galego para os levar en préstamo. Comproba o horario de apertura da túa biblioteca municipal de referencia.
De sobraren convites, estarán ao dispor do público xeral o mesmo día do concerto (21 de maio) a partir das 20.00 h na Conserxería do Centro Ágora.
21.00 h
100 min aprox.
Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña
De balde con convite
Servizo de Normalización Lingüística do Concello da Coruña
Teléfono: 981 189 888
Correo: lingua@coruna.gal
A banda nacida na nosa cidade protagoniza o AgoraSón primavera 2022
O Servizo de Normalización Lingüística, o 21 de maio ás 21.00 h, volve organizar o concerto do AgoraSón primavera (co gallo das Letras Galegas e para promover a lectura e o emprego de materiais audiovisuais en lingua galega), este ano incluído dentro da programación do festival PrimaLetras das Bibliotecas Municipais da Coruña.
Esta edición do AgoraSón terá como protagonista a banda Luar na lubre, formación recoñecida en todo o mundo e grupo lendario do noso circuíto musical. Con máis de 35 anos de traxectoria musical, a banda segue a ser un exemplo de produción de calidade que en 2020 presentou Vieiras e vieiros, historias de peregrinos, un traballo de nada menos que 27 temas para situar nun inminente ano Xacobeo e homenaxear, co mellor folk, a todas e todos os romeiros que atravesan o Camiño desde hai centos de anos. Mais non só escoitaremos virtuosismo instrumental, senón tamén lendas, tradicións e mitos que percorren o Camiño cara a Compostela: desde o Grial do Cebreiro ata o tradicional Don Gaiferos, pasando polas cancións populares da peregrinaxe de Galicia e, tamén de alén dos Pirineos. Unha romaría musical, espiritual e romántica que non podedes perder. Este traballo cheo de historia será o eixe deste concerto do AgoraSón.
O evento terá lugar no auditorio do Centro sociocultural Ágora o día 21 de maio ás 21.00 horas.
A asistencia será de balde, mais precisará a recollida previa de convite nas bibliotecas municipais.
CONVITES
Repatiranse os convites, ata esgotárense, co préstamo de material en lingua galega (libros, películas, CDs de música etc.) dende o luns 16 de maio nas bibliotecas municipais no horario de apertura de cada centro.
Faranse dúas quendas de reparto: en horario de mañá e horario de tarde.
Horario de mañá: a partir das 9.00 h, salvo na Biblioteca de Durán Loriga, que será a partir das 12.00 horas.
Horario de tarde: a partir das 16.00 h, agás no Punto de Servizo de Mesoiro, que será a partir das 17.30 horas.
Repartiranse dous convites por carné.
Escribe la palabra o palabras por la/s que deseas buscar en nuestras actividades
07/05/2024
17.00 horas
Desde el 03/05/2024 hasta el 07/05/2024
A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 3 a 6 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o.
Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas. Pídese puntualidade.
Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña
07/05/2024
18.30 horas

14/05/2024
17.00 horas
Desde el 10/05/2024 hasta el 14/05/2024
A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 3 a 6 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o.
Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas. Pídese puntualidade.
Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible