7 de septiembre de 2026
Aproveitando o verán para coñecer lugares de noso onde procurar as raíces, as tradicións e aprender un chisquiño mentras gozamos da natureza, visitamos en Corme o Museo de Arte Contemporánea da Costa da Morte (MACCMO).
Aproveitando as vacacións do verán para seguir coñecendo os nosos lugares nos que aprender, descubrir e compartir tempo en familia, achegámonos desta volta ata Corme-Porto, no Concello de Ponteceso.
Alí, entre o mar e as rúas dunha vila de fonda tradición mariñeira, atopamos unha pequena sorpresa: o MACCMO, Museo de Arte Contemporánea da Costa da Morte.
Un museo de arte contemporánea pode non ser o primeiro destino que nos veña á cabeza cando pensamos nunha saída coa cativada. E, precisamente por iso, a visita pode resultar especialmente interesante. Non precisamos saber de arte nin coñecer os nomes dos/as artistas, abonda con entrar, mirar e deixármonos sorprender.
O propio edificio xa ten unha historia que contar. Antes de converterse en museo foi unha pequena casa de dúas plantas, cunha horta elevada na parte posterior, un pozo e mesmo un pexegueiro. Construíraa un indiano que nunca chegou a vivir nela e, co paso dos anos, tivo diferentes usos. Entre eles, acolleu o primeiro casino da vila, coñecido como o Casino dos Caciques. Finalmente o seu destino sería erixirse como un museo, aínda que se conservou parte da esencia daquela antiga vivenda, mais transformada nun espazo pensado para acoller arte contemporánea.
No interior sorprenden elementos como a moderna escaleira colgante, que podemos contemplar como unha escultura máis, ou unha sala de columnas de grande altura.
O edificio convértese así tamén en parte da experiencia e convídanos a observar como o antigo e o contemporáneo poden convivir nun mesmo sitio. Pero para entender o MACCMO temos que coñecer tamén a historia que hai detrás del. O museo nace da man da Fundación Torre-Pujales, creada por Cristina Torre Cervigón tras a morte do seu home, o pintor coruñés Julio Pujales.
A intención inicial era conservar e dar a coñecer a súa obra e compartir parte da colección de arte que reuniran ao longo dos anos, mais o proxecto foi medrando ata converterse en algo máis amplo: un lugar para exposicións, creación artística e encontro cultural na Costa da Morte.
Durante a visita podemos aproveitar para achegarlles a arte contemporánea ás crianzas sen necesidade de dar demasiadas explicacións. Podemos preguntarlles que obra lles gusta máis, que cores atopan nela, que pensan que representa ou que sensación lles produce. Tamén podemos xogar a poñerlle un título a un cadro antes de descubrir o verdadeiro, buscar formas coñecidas entre as obras ou inventar a historia que podería agocharse detrás dunha delas. Porque diante dunha obra de arte non sempre hai unha única resposta correcta. Observar, facerse preguntas, expresar unha opinión e escoitar o que ven as demais persoas tamén son maneiras de aprender.
Pintura, escultura, fotografía e obra gráfica conviven nos fondos do MACCMO e forman unha colección na que atopamos autores/as, procedencias e linguaxes artísticas moi diversas.
Ademais, de termos sorte, atoparemos algún obradoiro ou algunha actividade en familia, guiada por Adrián Brandariz, responsable do museo e da súa constante e atractiva programación: exposicións, charlas, presentacións de libros, proxeccións...
Datos prácticos:
Museo de Arte Contemporánea da Costa da Morte (MACCMO)
Rúa Real, 14, 15114 Corme-Porto, Ponteceso (A Coruña)
Teléfono: 981 714 000
Recomendamos consultar os horarios antes de realizar a visita.
Escribe la palabra o palabras por la/s que deseas buscar en nuestras actividades
29/09/2026
17.00 horas
Desde el 25/09/2026 hasta el 29/09/2026
A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 3 a 6 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o.
Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas.
Pídese puntualidade.
Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña
29/09/2026
18.30 horas
Desde el 25/09/2026 hasta el 29/09/2026
A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 3 a 6 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o.
Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas.
Pídese puntualidade.
Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña
06/10/2026
17.00 horas
Desde el 02/10/2026 hasta el 06/10/2026
A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 1 a 3 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o.
Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas.
Pídese puntualidade.
Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible