Espectáculo teatral con música de trompa en directo
Familias, Infancia
19/11/2024
Ya ha finalizado
Desde el 15/11/2024 hasta el 19/11/2024
A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 3 a 6 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o.
Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas.
Pídese puntualidade. Non se permitirá acceder ao auditorio unha vez que comece o espectáculo.
Dous pases: 17.00 e 18.30 horas
45 min aprox.
Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña
35 crianzas por sesión
De balde e con inscrición previa
Maruxiña inspírase no conto clásico de Polgariña de Andersen, para relatar unha nova aventura. Un espectáculo en clave cómica, interdisciplinar, coa actriz Laura Sarasola e a música en directo da trompista Alma Sarasola, no que a protagonista investiga o mundo que a rodea, dende que nace nunha hortensia da maceta da señora Lola. Un día, Maruxiña descobre que hai un mundo moito máis grande, que hai amigos e non tan amigos... que lle gustaría voar... Pero o realmente importante é decidir libremente o que unha quere ser.
A actividade desenvolverase no escenario do auditorio do Centro Ágora e haberá dous pases:
Hai que se inscribir previamente no horario escollido en https://www.coruna.gal/lingua/gl/axenda/proximas-inscricions
Pídese puntualidade. Non se permitirá acceder ao auditorio unha vez que comece o espectáculo.
Organiza Normalización Lingüística do Concello da Coruña dentro do programa Apego.
Actividades relacionadas
Noticias relacionadas
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible