Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

"Na procura do antigo Gremio de Mareantes", andaina guiada A Coruña das Letras, con Xurxo Souto

Andaina guiada por un barrio da cidade coas letras como protagonistas

¿A quién va dirigido?:

Maiores de 16 anos

A quién va dirigido:

Para público en general

Cuándo:

30/05/2026

Inscripciones:

Desde el 25/05/2026 hasta el 29/05/2026

As inscricións faranse a través do correo inscricionslingua@coruna.gal dende o luns anterior a cada unha das andainas, ata que se esgoten as prazas (55).

Horario:

11.30 horas 

Duración:

1.30 h aprox.

Dirección:

A Coruña

Número de plazas:

55

Precio:

De balde e con inscrición previa

Requisitos:

É necesaria a inscrición confirmada a través do correo electrónico inscricionslingua@coruna.gal, onde deberá constar o/s nome/s e apelidos da/s persoa/s inscritas e un teléfono de contacto. 

Organiza:

Normalización Lingüística do Concello da Coruña

A Coruña das Letras é a actividade organizada por Normalización Lingüística do Concello da Coruña, dentro do programa de fomento da lingua galega entre a poboación en xeral.

Co fin de traballarmos a lingua, a cultura e a literatura galegas na nosa cidade, e achegándonos a distintos barrios, realizaremos unhas andainas guiadas pola Coruña máis descoñecida da man do coñecido músico e escritor Xurxo Souto (sobre todo pola súa etapa no mítico grupo coruñés Os Diplomáticos de Monte Alto). 

Aprenderemos máis da toponimia tradicional da cidade, da literatura que habitou nos diferentes barrios que visitaremos e tamén da importancia da lingua nos seus diferentes contextos. 

O calendario será o seguinte: sábado 30 de maio, ás 11.30 h (inscrición dende o luns 25) "Na procura do antigo Gremio de Mareantes"

O Gremio de Mareantes, o gremio dos pescadores da sardiña, foi a maior agrupación profesional da cidade. A comezos do século XVI, estaba integrado por máis de seiscentos confrades, coas súas respectivas familias. A súa igrexa deulle nome á rúa máis importante da Pescaría: Santo André.

O día do patrón, corenta mariñeiros novos bailaban alí unha danza na súa honra.

En 1589, no asalto do corsario Drake, os mareantes distinguíronse na defensa da Coruña. A súa igrexa e hospital foron incendiados polos ingleses. O predio ficou en estado ruinoso, ata que, no século XIX, un empresario local, Eusebio da Guarda, construíu alí un novo templo. Logo dun longo preito cos mariñeiros, ficou coa propiedade do edificio.

A memoria dos mareantes parecía desaparecer para sempre mais, hai un par de décadas, o historiador Santiago Daviña foi quen de atopar unha copia das súas ordenanzas, no arquivo xeral da Armada en Viso del Marqués (Ciudad Real).

As pegadas do Antigo Gremio de Mareantes esténdense pola Pescaría cara ao Parrote. Faremos unha viaxe iniciática polas propias orixes da cidade, ese libro que se le camiñando, como dicía Agustín Fernández Paz.

INFORMACIÓN XERAL QUE CÓMPRE TER EN CONTA:

- As inscricións faranse exclusivamente a través do correo inscricionslingua@coruna.gal dende o luns anterior a cada unha das andainas, ata que se esgoten as prazas (55). Precísase que se faciliten o nome e os apelidos e un teléfono de contacto.

- A duración é de, aproximadamente, unha hora e media. O lugar de saída para comezar a andaina comunicarase no correo de confirmación da inscrición.

- A actividade diríxese a maiores de 16 anos.

Buscador de actividades

Escribe la palabra o palabras por la/s que deseas buscar en nuestras actividades

También puedes revisar nuestra agenda de actividades

Próximas inscripciones

  • “Ler para crer”, de Joshua Kenneth, ás 17.00 h

    Cuándo:

    28/04/2026

    Horario:

    17.00 horas

    Inscripciones:

    Desde el 24/04/2026 hasta el 28/04/2026

    A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 4 a 6 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o. 

    Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas. 

    Pídese puntualidade. 

    Dirección:

    Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

  • “Ler para crer”, de Joshua Kenneth, ás 18.30 h

    Cuándo:

    28/04/2026

    Horario:

    18.30 horas 

    Inscripciones:

    Desde el 24/04/2026 hasta el 28/04/2026

    A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 4 a 6 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o. 

    Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas. 

    Pídese puntualidade. 

    Dirección:

    Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

  • “Lingoreteira!”, de Xarope Tulú, ás 17.00 h (auditorio)

    Cuándo:

    05/05/2026

    Horario:

    17.00 h

    Inscripciones:

    Desde el 01/05/2026 hasta el 05/05/2026

    A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 3 a 6 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o. 

    Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas.

    Pídese puntualidade. Non se permitirá acceder ao auditorio unha vez que comece o espectáculo.

    Dirección:

    Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

Próximas inscripciones

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión