Obradoiro de impresión para a primeira infancia
Familias, Infancia
14/10/2025
Ya ha finalizado
Desde el 10/10/2025 hasta el 14/10/2025
A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 3 a 6 anos (incluídas), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o.
Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas.
Pídese puntualidade.
Tres pases: 17.00, 17.40 e 18.20 horas
30 min aprox.
Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña
12 crianzas por sesión
De balde e con inscrición previa
O obradoiro de imprenta creativa será participativo e nel as crianzas poderán realizar (e mesmo levar para a súa casa) algunhas impresións na nosa lingua propia e coñecer de preto como era o traballo dos antigos impresores e editores, que tanta relevancia tiveron como axentes do legado cultural escrito.
A actividade desenvolverase na aula 13 (segundo piso) do Centro Ágora e haberá tres pases:
Hai que se inscribir previamente no horario escollido en https://www.coruna.gal/lingua/gl/axenda/proximas-inscricions
Pídese puntualidade.
Organiza Normalización Lingüística do Concello da Coruña dentro do programa Apego.
Actividades relacionadas
Noticias relacionadas
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible