Pequeno obradoiro de nanas para que as familias aprendan algunhas das melodías tradicionais para adormecer os seus bebés.
Familiar
Familias, Para público en general
02/05/2017
Ya ha finalizado
Desde el 20/04/2017 hasta el 02/05/2017
Hora e media cada sesión
Centro Sociocultural Ágora. Lugar da Gramela 17. 15010 A Coruña
Gratuíto
Familias con bebés de 0 a 3 anos, futuras/os nais e pais, formadoras/es de escolas infantís, monitoras/es etc.
Actividade limitada a 25 bebés - familias
O obxectivo é que nais, pais e outros familiares poidan aprender a practicar o aproveitamento do poder emocional das nanas e cantos de berce para arrolar os seus bebés e comezar a transmitirlles a lingua e a música.
O obradoiro componse de dúas sesións. A primeira será o martes 2 e a segunda, o martes 9 de maio.
Nas dúas sesións de que consta o obradoiro, as persoas participantes aprenderán a cantarlles aos seus bebés diversas nanas galegas, tanto de autoría como populares.
O obradoiro está impartido polo músico Xabier Díaz que, entre outros proxectos, publicou o exitoso disco Arrolos de salitre, un álbum que contén precisamente 11 cantos de berce en galego. Este disco foi editado xunto co músico Guillerme Fernández que tamén vai participar neste obradoiro.
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible